viernes, 19 de marzo de 2010

Moitas Gracias e boa sorte Marcos



Ás veces, temos a fortuna de atoparnos con persoas que nacen para servir e adican a súa vida a axudar ós demáis. Ás veces, atopámonos con persoas que nos axudan a reafirmar a nosa fé no ser humano, a crer que a sociedade pode ser mellor e máis xusta. Ás veces, coincidimos con persoas que nos invitan e empurran, simplemente co seu exemplo, a implicarnos, a non estar calados, a actuar, e por qué non, a revelarnos. Pero poucas veces temos a sorte de coincidir con alguén coma Marcos, co que él representa, co seu entusiasmo e co seu compromiso.

Decía o sacerdote e represaliado chino Watchman Nee que " a vida de quen serve a Deus chega ó seu fin cando remata o seu servicio", hoxe, Marcos,fainos unha promesa e reafirma a súa vontade de continuar un camiño que empezou xa tempo atrás, un roteiro baseado no compromiso e no servizo á sociedade.

Marcos, moitas gracias polo xa feito, por todo o que nos deches, e moita, moitísima sorte de cara os novos retos que agardan por ti.

1 comentario:

Marcos Torres dijo...

Lendo o que escribistes só podo dicir, emocionado, grazas. Grazas a vós por todo o que me destes sendo sempre tan inmerecido. E grazas, agora, por adicarme un anaquiño do voso blog; e que sexa así: un anaquiño cheo de tantísimo cariño.
Deus volo pague! Moitas grazas.