lunes, 1 de marzo de 2010

Comezan os "Cocidos do Camiño"




Ven de presentarse o pasado sábado a primeira edición dos "Cocidos do Camiño" que pretende dar a coñecer en Lalín outras versións do noso prato típico procedentes de localidades atravesadas polo Camiño cara a Santiago de Comspotela.

Os Cocidos Lebaniego, Maragato,"á portuguesa" e o "pot au feu" poderán ser degustados en Lalín durante o mes de Marzo. No Pazo de Bendoiro daranse cita os mellores cociñeiros de Potes, Astorga, Penafiel e Burdeos para preparar un cocido que poderá ser disfrutado por todas aquelas persoas que se apunten e reserven mesa a 25 euros por persoa.

Unha experiencia integradora que servirá para enriquecer o noso paladar e aumentar o número de localidades vencelladas con Lalín.

A intención e que cada ano se reúnan 4 ou 5 cocidos e ter unha ampla representación de eles no vindeiro 2021, próximo ano Xacobeo.

Extraído do Blog de Crespo (http://www.pepecrespo.com/index33.asp?id=287)

No hay comentarios: