
A Sociedad Hijos del Partido de Lalín, celebrou o pasado domingo o centenario da súa fundación na sede do Centro Galego da Habana. Durante os festexos desta destacada efemérides colocaronse ofrendas florais ante os bustos de persoeiros da colectividade sitos no centro galego, imparteuse unha conferencia sobre os momentos máis importantes deste primeiro século de vida do colectivo lalinense, concedéronse distincións ós membros máis veteranos da Sociedade así como á anterior presidenta do colectivo e leuse un saúdo enviádo por Xosé Crespo con motivo da celebracións deste centenario.
Tamén houbo lugar para o folclore coa actuación do grupo Compostelanas, formado por nenos e nenas do colectivo lalinense e para a inauguración dunha exposición con documentos, actas e fotografías que percorren a historia desta Sociedade de Emigrantes. A xornada rematou cunha merenda de confraternización.
Durante moitos anos a Sociedad de Hijos del Partido de Lalín contribuiu dende Cuba á mellora da sanidade e da educación no noso municipio e sostivo xunto coa súa homóloga arxentina o Hospitalillo de Lalín.
Cen anos despois da fundación da Sociedade, os membros da colectividade lalinense en Cuba seguen mantendo un amplo calendario de actividades e apostan decididamente pola conservación da cultura e folclore galegos. Estes xestos feitos por veciños de Lalín, dende o lonxe, e sendo algúns deles incluso descendentes de 4ª xeración dos primeiros emigrantes, débenos de motivar e facer reflexionar sobre o valor que nós dende aquí lle damos a nosa cultura e ás nosas tradicións.
Antóxase emotivo ver cómo e en qué medida se pode querer a unha terra que en moitos casos non se coñece ou a que moi probablemente moitos deles xa non han voltar; este fillos caribeños de Lalín, son, sen ningunha dúbida, un exemplo a seguir para nós que estando na casa en moitos casos actuamos coma fillos pródigos.



















