jueves, 27 de mayo de 2010

Xosé Crespo anticípase á recomendación da FEMP que anima a rebaixar os soldos dos alcaldes




O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, anticipouse á recomendación da FEMP de rebaixar os soldos de edís e rexidores locais.

Mentres moitos agardan aínda ó pronunciamento da FEGAMP, Crespo xa incluiu a súa rebaixa salarial nos presupostos municipais para o 2010 aprobados hai meses.


.

martes, 25 de mayo de 2010

Homenaxe ós grandes prohomes da patria



Quén, máis que as persoas anteriormente retratadas, pode merecer a admiración e o respecto dos cidadáns deste sofrido páis?. Quén, máis ca eles, merece, polo seu rigor e empeño, as loubanzas e homenaxes da cidadanía?


.

O diputado Pedro Puy impartirá unha conferencia este xoves en Lalín





O profesor de Economía Aplicada da USC e voceiro do grupo popular en materia económica e Facenda, Pedro Puy, impartirá este xoves unha conferencia en Lalín.
Dita conferencia versará sobre a actual situación económica e sobre a análise de posibles estratexias que conduzan á saída da crise.

Este acto terá lugar ás 20:30 no museo Ramón Aller e, como non podería ser doutra maneira, estará aberto a tódolos públicos e a tódalas opinións.




.

domingo, 23 de mayo de 2010

Visita ó Parlamento de Galicia na Xornada de portas abertas

Hoxe, día 22 de maio, varios membros de Novas Xeracións de Lalín achegámosnos ó Parlamento de Galicia para participar nesta xornada de portas abertas da institución que nos representa a tódolos galegos e galegas.
Durante a visita, estivemos acompañados por varios deputados autonómicos, entre eles Pedro Puy, Manolo Ruiz Rivas, Paula Prado, María Seoane, Manuel Baltar..





.

Festa da Lingua de Novas Xeracións

Achegámosvos fotos da Festa da Lingua celebrada a pasada fin de semana por Novas Xeracións de Galicia no albergue de Mouriscade. Foi esta unha xornada intensa de convivencia e intercambio de ideas e pareceres pero tamén de reivindicación e afirmación dos principios básicos da nosa organización.













.