lunes, 27 de abril de 2009

Máis de 4.000.000


Segundo os últimos datos oficiais, son máis de catro millóns os españois que están sen traballo. E o peor é que esta cifra non ten trazas de verse reducida.

Catro millóns! Catro millóns de persoas sen traballo.


¿E onde queda a túa promesa de "pleno emprego", ZP?

Catro millóns de parados en España (2670 familias por día)... e ti só sabes dicir que a "saída da crise ou é social ou non será". Pois claro, claro que será social ou non será... pero... está á vista de todos que non será, nunca, socialista.


Xa quedamos escaldados do goberno de González e quedaremos escaldados deste goberno de Rodríguez.


E o peor de todo isto é que non ten pinta de ir a mellor. Hoxe mesmo, o ex director da Oficina económica de Moncloa e actual presidente da patroal de grandes constructoras Seopan, David Taguas, afirma que, "sen reforma laboral, o paro medrará ata o 22%.


O PSOE (o que vive en VillaPSOE) segue a ser o de sempre e a facer o que sabe: eles enriquecéndose na súa persoal "loita" pola igualdade (igualándonos a todos... por baixo: todos iguais... todos pobres) e os españois... empobrecéndose.


E ZP prometeu o pleno emprego...





domingo, 19 de abril de 2009

¡Menudo show!


O da Alcaldesa socialista de Silleda e o seu "goberno" (mellor sería chamarlle "desgoberno") é un auténtico "show", espectáculo, número ou función. Non se sabe moito do que fixo nin do que fará, só se sabe que conseguiu que Silleda estea a ser coñecida por ter unha Alcaldesa e un "equipo" nefasto: non se poñen dacordo nin os da mesma cor política.

É certo que hai xa tempo destes problemas pero é que nunca nos referiramos antes a eles.

A Presidenta de NNXX de Silleda é certo que traballa a reo no seu posto político pero non é menos certo, benquerida Belén, que Paula cho está a poñer doado.

Camilo González Bodaño, 30 anos traballando por Lalín

Fai hoxe 30 anos tomaba posesión como concelleiro Camilo González Bodaño. Eran aquelas (ano 1979) as primeiras eleccións democráticas.
Camilo González Bodaño (o Señor Camilo, como lle chamamos todos) comenzaba a entregar a súa vida aos veciños e veciñas de Lalín da man de Xosé Cuíña Crespo (alcalde de Lalín ata o ano 1990) e... continuou facéndoo ininterrumpidamente ata hoxe.

Camilo, noraboa. Noraboa e grazas por estes 30 anos (e os que quedarán) de traballo por e para Lalín. Eres, sen dúbida, exemplo de persoa, de veciño e de político.

Hai goberno


Por fin hai goberno da Xunta! (logo de varios anos de desgoberno...).

O novo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, alias 009, fixo públicos os nomes dos conselleiros e conselleiras que o acompañarán no goberno da nosa Comunidade. Son seis conselleiros e catro conselleiras: dez en total (tres menos que no goberno PSOE-BNG). Son nove persoas que teñen en común unha gran preparación a tódolos niveis e un desexo enorme de facer o mellor para todos os galegos e galegas.

Novas Xeracións de Lalín desexámoslle o mellor a todos eles: Alfonso Rueda, Marta Fernández, Agustín Hernández, Javier Guerra, Jesús Vázquez, Pilar Farjas, Rosa Quintana, Roberto Varela, Samuel Juárez e Beatriz Mato. A todos, parabéns e moita sorte!