sábado, 20 de junio de 2009

Novas Xeracións de Lalín condena o atentado de ETA

Dende Novas Xeracións de Lalín condeamos o atentado da banda terrorista ETA que onte acabou coa vida do inspector de policía Eduardo Puelles.
Queremos amosar todo o noso apoio e afecto á súa familia e amigos.
Eduardo Puelles loitou pola liberdade e por iso perdeu a súa vida. Nós seguiremos loitando no seu nome e no nome de todos os asasinados por ese grupo chamado ETA e formado por un puñado de bárbaros, animais e cobardes.
Nin ETA nin ninguén conseguirán que deixemos de apostar pola liberdade como un dos fundamentos básicos de toda sociedade.
Como dixo o Presidente do Goberno Vasco, Patxi López, "ensinarémoslles o camiño da cárcere". 
Ao final, sabémolo, trunfaremos os que estamos deste lado da liña.
 

Nuevas Generaciones del Partido Popular condena rotundamente el último atentado de ETA




Nuevas Generaciones del Partido Popular condena rotundamente el último atentado perpetrado por la banda terrorista ETA, y que le ha costado la vida al inspector de Policía, Eduardo Antonio Puelles García.

Nuevas Generaciones quiere mostrar toda su solidaridad y apoyo a la familia de Eduardo Antonio Puelles Garcia y manifestar que  en un momento  tan importante como el que estamos viviendo en el Pais Vasco, desde la unidad y firmeza se acabará derrotando al terrorismo.

Nunca antes se había estado tan cerca de la derrota de ETA y desde NNGG, seguiremos trabajando incansablemente para que alcancemos muy pronto el fin de todos los españoles: la derrota de ETA y la libertad en el Pais Vasco.

www.nngg.org

miércoles, 10 de junio de 2009

Non é tolerable. Gloria Lago, contigo



Hai uns días, a presidenta da asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, foi atacada e amenazada por grupos radicais. E todo polo simple feito de defender que en Galicia cada un fale o que "lle pete" sen que nin nada nin ninguén lle impoña nin o galego nin o castelán.
Dende Novas Xeracións de Lalín condeamos estes ataques e pedimos a eses miserables preocupados unicamente por "joderlle a vida ao personal", que nos deixen en paz, que deixen en paz a todos os que apostan pola liberdade.
LOITAMOS POLA LIBERDADE DE TODOS E DE CADA UN E SEGUIRÉMOLO FACENDO!
Sabemos que a liberdade... lles molesta a algúns; sempre lles molestou; xa lle molestaba a Marx...
Gloria Lago, estamos contigo.

Hace unos días, la presidenta de la asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, fue atacada y amenazada por grupos radicales. Y todo por el simple hecho de defender que en Galicia cada uno hable "lo que le dé la gana" sin que nada ni nadie le imponga ni el gallego ni el castellano.
Desde Nuevas Generaciones de Lalín, condenamos estos ataques y pedimos a esos miserables preocupados únicamente por "joderle la vida al personal", que nos dejen en paz, que dejen en paz a todos los que apuestan por la libertad.
¡LUCHAMOS POR LA LIBERTAD DE TODOS Y DE CADA UNO Y LO SEGUIREMOS HACIENDO!
Sabemos que la libertad... les molesta a algunos; siempre les molestó; ya le molestaba a Marx...
Gloria Lago, estamos contigo.


martes, 9 de junio de 2009

Comezou o cambio, hai esperanza


O pasado domingo celebráronse as eleccións ao Parlamento Europeo. Os españois tiñamos unha chea de posibilidades de voto; entre éstas destacaban as listas dos dous partidos maioritarios: PSOE e PP.
Tras unha dura campaña na que o Partido Socialista se esquenceu dos verdadeiros problemas do noso país e procurou centrar a atención dos cidadáns en mentiras e insultos cara o PP, os españois dixemos con clara voz que confiabamos nos Populares para que nos representasen en Europa.
O domingo 7 de Xullo comezou o cambio en España. Tras a incontestable victoria electoral do Partido Popular podemos dicir que hai esperanza de que isto cambie, hai esperanza de que os problemas económicos se resolvan dunha vez, hai esperanza de que os nosos gobernantes se volvan a preocupar por nós. 
Comezou o cambio, hai esperanza. España confía no Partido Popular. 

jueves, 4 de junio de 2009

Isto é vergonzoso


O deste goberno é vergonzoso. O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero está a sumir a España nunha grande crise económica, social, de valores... 
Pero o peor de todo isto é que pretenden que os cidadáns nos creamos o dos "brotes verdes" e nos convenzamos de que o neno abortado "non é un ser humano senón un ser vivo" (Bibi dixit). 
España non pode seguir parada ante esta vergonza, ante estes gobernantes. Debemos responder a isto e dicir que non queremos máis PSOE, que estamos cansos destes ricos socialistas aos que só lles importa o poder para poder viaxar en avións do Estado a mitíns do seu partido. 
O domingo temos unha grande oportunidade para demostrarlle a ZP e aos seus adláteres que estamos aburridos deles. 
Sabemos que as Eleccións do domingo son europeas pero... sen dúbida influirán tamén en España. Influirán no noso país por dúas razóns fundamentais: porque en Europa se deciden máis da metade das leis que logo ordenan a nosa vida e, ademáis, porque para o PSOE serán unha forte mostra do que España pensa: se eles gañan ou perden por pouco seguirán a facer de nós un pandeiro, mexarán por nós e quererán que digamos que chove.
O domingo hai que ir a votar e hai que votar sen medo e coa esperanza de saber que todavía hai futuro, que hai posibilidades de sair desta, que non todo está perdido; o domingo hai que ir a votar ao Partido Popular porque a ZP... xa lle dimos moitas posibilidades e... xa se ve o que está a facer.