sábado, 23 de mayo de 2009

A presidenta rexional agradece a Marcos todo o traballo feito


Dende Novas Xeracións de Galicia enviouse aos medios unha nota de prensa que recoñemos e publicamos neste blog:


Coñecida a nova da renuncia de Marcos Torres á presidencia local de Novas Xeracións de Lalín, a responsable rexional desta organización política, María Seoane, agradece "o gran traballo feito por Marcos a prol da mocidade".
Asegura Seoane que "coa marcha de Torres, Novas Xeracións e o Partido Popular perden a unha grande persoa e a un grande político que sempre defendeu con forza os intereses da mocidade do seu concello". "Sei -afirma a deputada coruñesa- que a decisión está tomada dende a liberdade e a responsabilidade e, sen dubidalo, respéctoa profundamente".
Ao mesmo tempo Seoane mostra todo o seu apoio á que será a responsable da xestora que dirixirá a partir de agora Novas Xeracións de Lalín, Alicia Vilariño.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Marcos Torres deixa a presidencia de Novas Xeracións


Marcos Torres Gómez deixará o seu cargo de presidente local de Novas Xeracións do PP de Lalín por motivos persoais. Levaba máis de catro anos á fronte desta organización xuvenil, logo de que o 14 de xaneiro de 2005 sustituira á anterior presidenta Marta Portas. A partir de agora, ostentará en funcións este cargo a vicepresidenta da organización, Alicia Vilariño.

Marcos Torres asegura que “deixar o cargo é unha decisión totalmente persoal” e engade que “non houbo problema algún nin no Partido nin en Novas que motivasen a miña renuncia”. Torres ten claro que estes anos na política “foron moi gratificantes e tiven a oportunidade de coñecer dende dentro a política e convencerme de que esta é un dos servizos máis nobres que as persoas poden prestar á sociedade”.

Torres tivo un recordo para o presidente comarcal do Partido Popular e alcalde de Lalín, José Crespo, do que afirma que “é un gran home que me brindou a súa amizade dende o principio e sempre respectou o meu traballo animándome en todo momento e permitíndome colaborar co Partido con total liberdade”. Segundo Torres, “Pepe Crespo é unha das persoas máis traballadoras que coñezo, que me namorou de Lalín dende o primeiro minuto e que nunca deixou de dicirme que a humildade, a responsabilidade e o traballo deben ser as señas de identidade de calquera que se queira dedicar á política”.

Marcos Torres fixo memoria de todos os afiliados de Novas Xeracións de Lalín dos que dixo recibir “un gran cariño e respecto”. “Nunca me esquecerei de todas as persoas que coñecín durante estes catro anos e de todos os amigos que fixen grazas á política”, dixo.

No capítulo de agradecementos, Torres dixo querer dar as grazas, “en primeiro lugar, a todos e cada un dos que forman parte da directiva de Novas Xeracións de Lalín que, para min, foron, máis que compañeiros de partido, amigos”. Logo agradeceu “a toda a familia do Partido Popular do Deza o acompañamento e o apoio que recibín ao longo destes catro anos”.

Quixo tamén agradecer “aos membros do BNG e do PSOE o respecto que, dende as diferenzas, sempre me mostraron. “De xeito especial -dixo- quero agradecer a Xuventudes Socialistas de Lalín, en concreto á súa secretaria xeral, Adriana Viz, a boa relación mantida entre nós que se transformou nunha boa relación entre as organizacións que reprentabamos”.

Torres tivo tamén palabras de agradecemento para os medios de comunicación "por responder de xeito perfecto á súa tarefa de informar aos cidadáns e por tratar sempre con gran obxectividade as noticias relacionadas con Novas Xeracións”.

Torres colaborou no ano 2005 con José Crespo na organización da campaña electoral do PP de Galicia para as Eleccións Autonómicas, ás que se presentou como número 22 na lista do PP pola provincia de Pontevedra que estaba encabezada polo actual presidente da Xunta, Núñez Feijóo.

Asimesmo, foi durante catro anos membro do Comité de Dirección do PP de Galicia deixando este cargo no XIV Congreso celebrado os días 9 e 10 de maio deste ano na cidade da Coruña.

Marcos Torres asegurou que a xestora formada pola actual directiva local de Novas Xeracións e liderada por Alicia Vilariño “será a encargada de convocar o Congreso Local pasadas as Eleccións Europeas no que se terá que elixir ao novo presidente”.

domingo, 17 de mayo de 2009

No día das Letras Galegas

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas facendo memoria, este ano, de D. Ramón Piñeiro.
Hoxe, 17 de maio, honramos ás nosas letras, á lingua da nosa Comunidade.

Un día coma hoxe só cabe recordar que a lingua é un vehículo de unidade entre as persoas. Nunca a lingua pode ser motivo de separación ou discriminación.

A lingua é para as persoas, non as persoas para a lingua.

Orgullosos de ser e sentirnos galegos pedimos que nunca se esqueza, e sempre se defenda, a lingua que usaron e nos transmitiron os nosos antergos; pedimos ó mesmo tempo que endexamais se use esta fermosa lingua, o noso galego, para procurar a separación nin a loita política ou social.

jueves, 14 de mayo de 2009

FELICIDADES

Hai un ano un grupo de mozos e mozas xuntáronse para formar Novas Xeracións de Silleda. Hai xa un ano... uníronse baixo un soño común: traballar para e por Silleda.

Novas Xeracións do PP de Silleda está a facer, baixo a presidencia de Ana Belén Seco, un gran traballo a prol dese fermoso e importante concello da nosa comarca.

Dende Novas de Lalín queremos felicitalos e dicirlles que continúen a traballar coma ata o dagora porque... merece a pena servir á xente dos nosos pobos dende a política.



miércoles, 13 de mayo de 2009

"Hay cuatro millones de parados"


"Hay cuatro millones de parados, éste es el estado de la Nación". (Rajoy dixit. O, como diría Carmen Calvo, Rajoy pixit dixit)

Estos días se celebra en el Congreso de los Diputados el Debate sobre el Estado de la Nación. En este debate quedó claro que José Luís Rodríguez Zapatero sigue siendo el Presidente "de las nubes", o sea, el que anda por las nuebes. Rodríguez manifestó ayer su gran aprecio a vivir en el aire (que no es lo mismo que "del aire"), esto es, fuera de la realidad.

Ayer se presentó, en el Congreso, con su traje de la suerte (comentan), para decir, básicamente, dos cosas: que "hay crisis" pero que España no está tan mal y que nuestra economía no crece pero que el Gobierno seguirá gastando.

Señor Rodríguez Zapatero, ¿cuándo se enterará de la realidad? ¿cuándo bajará de las nubes para cconvencerse de que 4.000.000 de parados es una auténtica desgracia? ¿cuándo aceptará que las medidas socialistas son ineficaces?

Ya, España va bien, ¿no? Claro, usted lo sabe por su casa.

lunes, 11 de mayo de 2009

Un 99,1% de unidade e un 55% de división

Este fin de semana, Partido Popular de Galicia e Bloque Nacionalista Galego celebraron sendos Congresos.
Máis do 99% dos compromisarios do Congreso do Partido Popular de Galicia elixiron coma presidente a Alberto Núñez Feijóo, recentemente nomeado Presidente da Xunta logo de lograr o respaldo da gran maioría dos galegos nas Eleccións Autonómicas do 1 de Marzo.

Guillerme Vázquez é o novo portavoz nacional do BNG logo de verse respaldado polo 55% dos delegados da Asamblea Extraordinaria dos nacionalistas.

O apoio que atopa Feijóo na familia do PP de Galicia é claro; as divisións entre os nacionalistas tamén.