jueves, 29 de julio de 2010

Encontro de mozos e mozas de Novas Xeracións de Lalín e Silleda con Javier Dorado, candidato á presidencia de Novas Xeracións de Galicia.




Membros de Novas Xeracións de Lalín e máis Silleda achegáronse hoxe ata a sede comarcal do partido popular para participar nunha reunión que contou coa presenza de Javier Dorado Soto, candidato á presidencia desta organización xuvenil no congreso autonómico de Novas Xeracións que se celebrará o próximo sábado en Santiago de Compostela.

Durante o encontro os mozos e mozas de Novas Xeracións dos dous concellos dezaos transmitíronlle ó candidato os seus puntos de vista sobre o futuro da organización xuvenil Popular.

Ana Belén Seco e Pablo Ferradás fixeron balance do funcionamento durante o último curso político das xuntas locais das que son responsables; aproveitando a reunión para compartir proxectos e iniciativas e emprender actividades comúns.

As organizacións locais de Novas Xeracións do Deza están plenamente operativas e preparadas para apoiar ás candidaturas do Partido Popular de cara as próximas eleccións municipais.



.

miércoles, 21 de julio de 2010

boloña: camiño dunha educación superior común. Novas oportunidades de formación.




Agardámosvos a todos o vindeiro venres 23 no Museo Ramón Aller ás 20:30 onde terá lugar unha nova xornada da Escola de Formación de Novas Xeracións de Lalín "Aula Aberta". Este novo módulo formativo leva por título "boloña: camiño dunha educación superior común. Novas oportunidades de formación".

A poñente será Cristina Ares, vicedecana da facultade de Ciencias políticas da USC.

Cristina Ares é Doutora en Ciencias Políticas e da A...dministración, Diplomada en Estudos Europeos Avanzados polo Colexio de Europa de Bruxas (Bélxica), e Máster en Finanzas.

Desde Novas Xeracións de Lalín agardamos que o tema sexa do voso interese.




.

lunes, 19 de julio de 2010

Lalín, a "xoia escondida".





Na xornada de onte o xornalista Ian Wright e o seu equipo do Discovery Channel grabaron en Lalín parte dun documental sobre Galicia que será emitido en todo o mundo, cunha audiencia potencial de 400 millóns de persoas.

O xornalista calificou a Lalín como "xoia escondida"; entre outros lugares, visitaron o Kilómetro Cero lalinense, o monumento adicado ó porco da localidade, oalbergue de A Laxe, tramos do Camino de Santiago do municipio, e as carballeiras de Catasós e O Rodo ademais de desfrutar das excelencias gastronómicas do noso concello.

Esta oportunidade de darnos a coñecer ó mundo non pode ser senón motivo de orgullo para todos os lalinenses. Dende Novas Xeracións de Lalín queremos agradecerlle ó noso alcalde, Xosé Crespo, as xestións realizadas para que este feito fose realidade.





.