


Vense de celebrar esta fin de semana a covencion nacional de NN.XX. co gaiodo 30 aniversario da nosa organización xuvenil. Estes foron dous días para aprender, coñecer outros puntos de vista e compañeiros de toda España, compartir iniciativas...
Alí estivemos dous representantes de Novas Xeracións de Lalín, que vimos coas pilas cargadas e a maleta chea de novas ideas e novos proxectos.
Novas Xeracións é a organización político-xuvenil con máis membros de todo o país, a máis grande; e despois de compartir xornadas coma as que pasamos xuntos entre tantos compañeiros, é fácil darse de conta de por qué. E é que Novas Xeracións é unha organización dinámica, traballadora, que se interesa polos problemas reais da mocidade, unha organización que traballa ó pé da rúa, unha organización que non cala.
.


No hay comentarios:
Publicar un comentario