martes, 29 de junio de 2010

E o PSOE de Lalín pretende se alternativa de goberno??




Levamos moito tempo vendo as actuacións erráticas, oportunistas e electoralistas, a desinformación e deseorientación do PSOE de Lalín, a súa incapacidade e inoperancia, e chegado este momento facémonos unha pregunta: esta oposición aspira a formar goberno, a gañar unhas eleccións??


A súa labor de "contra-o-posición" chega a cotas inauditas. Deixamosvos o enlace á seguinte nova na Voz de Galicia, por que sobran palabras.



http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/06/29/0003_8579925.htm


.

O pintor lalinense Antón Lamazares distinguido coa medalla Castelao



O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega da medalla Castelao a distinguidos persoeiros da sociedade galega. Entre eles atopábase o pintor lalinense Antón Lamazares, un dos artistas plásticos máis importantes do panorama actual galego, que xa ven de recivir, recentemente, a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

Este é un recoñecemento á traxectoria dun dos lalinense máis internacionais, fillo dunha terra pródiga en artistas.

Moitas felicidades Antón!!



.

jueves, 17 de junio de 2010

Panem et circenses / Decretazo a golpe de Gol



Non é novidade ningunha dicir que o goberno Zapatero e toda a súa presidencia se basean nos principios máis "vangardistas e rompedores" do marketing político; dende hai seis anos podemos asegurar que temos un goberno merchandising, un goberno de boligráfos e chaveiros serigrafiados, un goberno en continua campaña de promoción e autobombo.

Unha enorme e gravosa colimaia de asesores e un entorno mediático tan servil como poderoso sosteñen entre malavares e castelos de naipes á presidencia máis ineficaz e mediocre da historia moderna de España.

Seis anos gobernando a golpe de titular son demasiados incluso para os seareiros máis fieis ó nefasto ZP.

Un actual ministro do Interior que fai campaña en xornada de Reflexión ou un ministro de Xustiza que amolece, dimitido, baixo a alfombra vermella que pisaba a oscarizada Penélope Crz son só algún dos exemplos dun goberno que agacha as súas miserias detrás dos flashes das cámaras e o seu caos nunha poderosa maquiñaria mediática.

O Emperador do Inem, Virrei do ERE e Capitán de derivas decidiu, probablemente asesorado por algunha sorte de oráculo omnisapiente, presentar a maior e máis traumática reforma laboral da historia recente de España, a golpe de decretazo, o mesmo día que a selección española debutaba (con desafortunado resultado) no mundial de futbol.

Este insulto á intelixencia de todos os españois e españolas é un exemplo máis do talante e eficaciá xestora da era Zapateril.

Xa hai 2000 o poeta Juvenal satirizaba certos vicios da sociedade romana empregando a locución "panem et circenses" o que traducido á linguaxe política do socialismo español actual ven a significar "decretazo a golpe de gol".

Permitídeme reproducir as palabras exactas do gran poeta latino:

… iam pridem, ex quo suffragia nulli uendimus, effudit curas; nam qui dabat olim imperium, fasces, legiones, omnia, nunc se continet atque duas tantum res anxius optat, panem et circenses.

(Juvenal, Satire 10.77–81)

… Hace ya mucho tiempo, de cuando no vendiamos nuestro voto a ningún hombre, hemos abandonado nuestros deberes; la gente que alguna vez llevó a cabo comando militar, alta oficina civil, legiones— todo, ahora se limita a sí misma y ansiosamente espera por sólo dos cosas: pan y circo

Chegou o momento de decir non, de non conformarse de enfrontarse á realidade e pedirlle contas e respostas a un goberno caótico e ineficaz, a un goberno que a cada paso nos obriga a retroceder, a enterrarnos máis nunha crise para a que non nos ofrese saída.


.

Noraboa veciños!!!



A Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio declarou hoxe á feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Nacional. É este un recoñecemento ó traballo realizado ó longo de 42 anos por todos os veciños e veciñas do noso Concello.
Esta distinción non pode facer se non darnos un pulo e invitarnos a seguir traballando na valorización das nosas potencialidades e no impulso do noso concello.

Nova no Xornal
http://www.xornal.com/artigo/2010/06/16/galicia/declaran-fiesta-interes-turistico-nacional-festa-do-cocido-lalin/2010061613324100989.html