
Unha familia da parroquia lalinense de Donsión perdeu onte a súa vivenda nun incendio que a calcinou por completo.
O lume deixou a esta familia do lugar de Campo sen roupa, enseres, electrodomésticos, sen recordos...
Dende Novas Xeracións de Lalín, dende a nosa modesta posición, ofrecémoslle toda a axuda que poidan precisar de nós; e animamos a todos os veciños e veciñas de Lalín a colaborar e interesarse pola situación dos afectados por este sinistro.


No hay comentarios:
Publicar un comentario