sábado, 20 de marzo de 2010

Plano de Emprego Xuvenil




O Director Xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, Andrés Hermida Trastoy, ven de comparecer en sede parlamentaria e confirmou o compromiso da Xunta de Galicia para coa xuventude galega destacando a estratexia de empregabilidade da poboación activa moza materializada no Plano de Emprego.

Ante unha pregunta da deputada popular María Seoane sobre o Plano de Emprego Xuvenil, o Director Xeral, Andrés Hermida, afirma que a prioridade da Xunta é o traballo estable e de calidade para a xuventude galega, ben coma traballadores por conta axena ou ben discriminando positivamente as empresas de mozos e mozas nunha clara aposta que amosa a confianza depositada na capacidade propia da mocidade de xerar emprego, defendendo o traballo autónomo.

Facendo fincapé na concreción temporal e orzamentaria conforme a criterios uniformes, tamén se destacou a importancia de plasmar a suficiente flexibilidade e amplitude que poida abranguer as distintas realidades sociais para axustarse o màximo posible á eficaz aplicación práctica do Plano de emprego consonte á heterexoneidade das distintas realidades sociais da xuventude.

O apoio a aqueles mozos e mozas en risco de exclusión social e medidas de conciliación da vida estudiantil e laboral son eixos claves e consesuar as medidas cos axentes económicos e sociais marcan o desenvolvemento do Plan, enmarcados nas Mesas polo diàlogo social.

María Seoane destacou a concreción de medidas encamiñadas a facer da eficiencia dos recursos un recurso máis no labor de goberno acaído sobor de todo neste momento de crise. ”A programación, a planificación e o diàlogo, a confianza na mocidade, fará exitosa unha estratexia que responde con medidas reais e prácticas aos problemas verdadeiros da xente do noso país”, afirmou en nome do Grupo Parlamentario Popular.

Andrés Hermida garantiu que a Xunta concentra os seus esforzos nas medidas destinadas á empregabilidade e ó descenso do número de parados priorizando a calidade e a rebaixa da temporalidade dos contratos de xente nova.


.

No hay comentarios: