miércoles, 23 de diciembre de 2009

martes, 22 de diciembre de 2009

Romay Becaría será o encargado de velar pola cumprimento do novo código de boas prácticas do PP


O Partido Popular fixo máis estricto o control de bens e comportamento dos seus cargos públicos (electos ou non) e máis daqueles profesionais que traballen no partido trala aprobación dun novo Código de Boas Prácticas.

O ex-ministro galego José Manuel Romay Beccaría será o responsable de exercer estes novos mecanismos de control e supervisión, xa que ven de ser nomeado como auditor de prácticas internas.

O Código de Boas Práctica, según indicou Ana Mato, "vai máis aló dos requerimentos que marca a lei", máis aínda, aquelas conductas que danen a imaxe do partido aínda que sexan legais serán sancionadas.

Cada cargo verase obrigado a entregar a súa declaración patrimonial cando o novo auditor de prácticas internas llo requira, ademáis, se a un integrante do partido se lle abre un procedemento xurideccional, terá que comunicalo á direccion ó fin de que poida ser destituído se así o resolve o Comité de Dereitos e Garantías do PP.

A biblioteca de Lalín xa tén nova mascota


O concelleiro de Educación, Manuel Gómez, e a responsable da Biblioteca Municipal “Varela Jácome”, Maribel Calviño, entregaron no Colexio Vicente Arias de Vilatuxe o premio Bibliomascota 2009 que recaeu na alumna deste centro Noa Presas González, alumna de segundo curso de primaria.

A gañadora recibiu de mans do concelleiro e da bibliotecaria un diploma acreditativo, un estuche de pinturas e un lote de libros. Ademais, a Biblioteca lalinense fixo entrega ao colexio de Vilatuxe de outro lote de libros para a súa consulta e utilización por parte de todos os alumnos do centro.

O deseño realizado pola alumna de Vilatuxe será empregado como marcapáxinas que se encargará de repartir a Biblioteca municipal nas súas actividades. Tratase dun debuxo o que a rapaza puxo o nome de Flapi.

.

De Pekín a Fuente de Piedra


Carmen Pinto Díaz militante do PP e ex-secretaria Xeral de Novas Xeracións en Fuente de Piedra, recuncará como cabeza de lista do PP neste concello malagueño da comarca de Antequera de tan só 2.700 veciños.
Chamounos a atención que Carmen, ademáis de ser candidata do Partido Popular, foi a gañadora do concunso de televisión Pekín Express (Cuatro).
Carmen Pinto foi proclamada oficialmente candidata na convención que o PP celebrou en Sevilla e na que estaba presente o presidente da Xunta.
Carmela percorreu 10.000 Km nun mes, agora tócalle rachar a distancia que separa ó Partido Popular co PSOE no seu concello.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Feijoo terá moito que decir na Conferencia de Presidentes


O presidente da Xunta, vai cun feixe de reivindicacións á Conferencia de Presidentes autonómicos, e de maneira singular nos eidos pesqueiro, industrial e leiteiro, especialmente sensibles para Galicia.

Dunha maneira xeral, Pedro Sanz, presidente da Rioxa, acompañará, por ser o xefe autonómico máis veterano do PP, a Alberto Núñez Feijoo na portavocía dos populares na Conferencia de Presidentes.

Alfonso Guerra dá 5 puntos de vantaxe ó Partido Popular


A revista Temas, da que Alfonso Guerra é director, publicou unha enquisa que lle otorga 5 puntos de vantaxe ó PP. É evidente que o Partido Popular vai "abrindo brecha", e tanto os erros demoledores do goberno coma as ganas e o traballo dos populares apuntan a que esta diferencia vai seguir medrando no tempo.

Moi mal deben ir as cousas en Ferraz cando o propio Alfonso Guerra recoñece que o PSOE se ve tan avantaxado.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Xacobeo 2010

O Parlamento aproba unha iniciativa para que a Xunta combata o acoso en internet


Na iniciativa o Grupo Popular tamén solicitou proxectar unha campaña de sensibilización e concienciación sobre os perigos das páxinas que promoven a autodestrucción, a coacción ou engano a menores, o establecemento dun punto de información e axuda a vítimas de acoso e as súas familias e un sitio web que aconselle a pais, nais e profesorado.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe na Comisión de Educación e Cultura unha iniciativa do PPdeG na que se solicita que a Xunta de Galicia poña en marcha un sistema de detección do acoso na internet (cyberbulling) e proxecte unha campaña de sensibilización e concienciación sobre os perigos das páxinas que promoven a autodestrución, a coacción ou o engano a menores, e dos perigos que conleva revelar datos persoais a través de internet.Na iniciativa do PPdeG se solicita o establecemento dun punto de información e axuda a vítimas do acoso por internet e ás súas familias, un punto de apoio na internet a través dunha páxina web que advirta dos contido e no que se informe e aconselle a vítimas. Así mesmo demanda un sitio web onde se aconselle a pais e nais e profesorado para control dos contidos visitados ou información dos sistemas de filtrado que restrinxen o acceso a certos contidos programados para adultos. A iniciativa, aprobada por unanimidade, incluíu propostas dos grupos da oposición, PSdG-PSOE e BNG, como a de solicitar a formación do profesorado e a implicación das Anpas.A deputada popular María Seoane defendeu na súa iniciativa a necesidade de conxugar a redución de todos os riscos derivados no uso das TICs coa necesidade de proporcionar aos menores e aos mozos e mozas espazos para a súa formación, desenvolvemento persoal e esparcemento, para o que internet se consolida como unha ferramenta fundamental. María Seoane fixo referencia a un recente estudo da Universidade de Vigo no que se indica que a cuarta parte dos alumnos de ESO en Galicia aseguran que foron vítimas de ataques físicos ou psicolóxicos, e de entre esas formas de acoso cada vez cobra mais relevancia o cyberbulling ou o acoso por medio das novas tecnoloxías.A deputada popular lembrou que según datos da ONG "Protégeles" o 17% dos menores que utiliza habitualmente internet visita páxinas proanorexia ou probulimia, , onde chegan a facer campionatos de quilos e nelas se atopan consellos para non comer e enganar á familia. As autoridades pechan a miúdo estas páxinas pero os expertos advirten de que por cada unha que se pecha aparecen cinco novas. Nese senso, segundo indicou a deputada popular, a Brigada de Delitos telemáticos ven de crear un grupo especial controlador dos contidos nocivos para menores na rede pero sinalan que este non pode ser o único camiño polo que o PPdeG considera imprescindible a labor de concienciación e sensibilización da sociedade a través de todos os ámbitos da Administración. Para a deputada popular unha ferramenta da máxima importancia como é Internet, na que navegan a diario o 75% dos nenos e nenas españois de entre 10 e 15 anos, segundo datos do INE, se é mal utilizada e sen ningún control pode xerar situacións perigosas para os menores.

Os gandeiros de Lalín perden 4000 euros ó día mentres a ministra non reparta cota.


O edil de actividade agraria de Lalín, Manuel Fernández, indicou, tendo en conta datos porcentuais da cota láctea, que os gandeiros de Lalín perden 4000 euros ó día, ó redor de 1,4 millóns de euros ó ano por mor da falla de compromiso da ministra de Medio Rural ó non cumplir co reparto de cota da Reserva Nacional.


O propio concelleiro resumiu a situación coas seguintes palabras «é intolerable o pasotismo da ministra aparcando sine díe todos os compromisos que adquiriu cos productores e incluso esquecéndose do anunciado en febreiro de 2008 en acto público en Ordes do reparto gratuito xa para o ano pasado da cota existente na Reserva Nacional».


Esta pérdida súmase a outras que está sufrir un sector que se atopa nunha situación crítica motivada polo baixo prezo do leite en orixe e a suba das materias primas e máis insumos.


Un concello coma o de Lalín non pode permanecer parado ante esta situación, e, dende logo, non o fará. Manuel Fernández, máis coñecido por tódolos veciños como Manolo de Castro, anunción que presentará unha moción no seu debate na Corporación co obxectivo de reiterar ó Ministerio de Medio Rural a adopción de medidas que axuden a paliar a crise no secto lácteo.


A producción leiteira é unha actividade chave para a economía local e da súa prosperidade depende o futuro de moitas familias e moitos mozos e mozas lalinenses.

martes, 8 de diciembre de 2009

Feijoo continua o costume de Fraga


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, segue co bo costume de Fraga de viaxar en clase turista tamén nos voos transoceánicos.

Un detalle máis de austeridade, unha maneira máis de predicar co exemplo, que se traduce no seu xeito de gobernar, sempre baseado na responsabilidade e coherencia. A pé de obra, traballando e compartindo o esforzo que está a facer a sociedade á que representa e que o apoia maioritariamente.
.

Gran satisfacción polo éxito da Campaña de doazón de sangue de Novas Xeracións de Lalín


Todos os que formamos parte de Novas Xeracións de Lalín nos sentímos profundamente satisfeitos polo rotundo éxito da campaña iniciada por nós o pasado sábado.


A pesares do temporal de choiva, foron moitos os Lalinenses que decidiron acompañarnos achegándose ó bus do centro de transfusión de Galicia situado na praza da igrexa.


Sabemos que os homes e mulleres de Lalín respostan de forma máis que satisfactoria cada vez que son convocados para doar, máis é agora, nas datas que se achegan, cando ese esforzo se fai máis necesario ca nunca polo previsible e dramático aumento dos accidentes de trafico (motivado por un número maior de desplazamentos) e pola merma do número de doazóns debida ás vacacións de nadal e máis á maior incidencia dos virus estacionais.


Tamén é responsabilidade de nós, os máis novos, sensibilizar ás persoas do noso entorno sobre a necesidade e importancia de doar sangue.


Un pequeno esforzo pode salvar moitas vidas.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Campaña de doazón Novas Xeracións


A saúde dunha sociedade tamén se mide pola solidariedade dos seus cidadáns, por iso, dende Novas Xeracións de Lalín vos animamos a todos a acompañarnos a colaborar nesta causa e a achegarvos este sábado á praza da igrexa onde estará unha unidade móvil do Centro de Transfusión de Galicia.


Achégase o nadal, e con él aunmenta o requereimento de sangue por parte do sistema de saúde; un pequeno esforzo pola túa parte pode axudar a salvar unha vida

martes, 1 de diciembre de 2009

Novas Xeracións de Lalín na convención nacional de Barcelona




Entre os día 13 e 15 do pasado novembro celebrouse en Barcelona a convención nacional do Partido Popular, e alí estivemos 4 membros de Novas Xeracións de Lalín, acompañados tamén por Xosé Crespo.


Malia as 30 horas de autobús que tivemos que sobrelevar como mellor puidemos, o resultado da viaxe foi sen dúbida extraordinariamente positivo para todos.

Foron 3 días para o debate e o intercambio de ideas, unhas xornadas para coller folgos e compartir experiencias e coñecer a novos compañeiros de toda España.






Día mundial contra a Sida


Hoxe celébrase o día mundial contra a Sida, unha data na que a todos se nos achega información sobre o estado da enfermidade, sobre a súa extensión no mundo, o avance sobre os estudos sobre novos remedios... pero non é suficiente cun día no que compadecernos dos afectados, esta loita esixe do compromiso de todos.


Aínda que a Sida segue a ser un drama global, nos países ricos, o arsenal de medicamentos que xurdiu nos últimos anos axuda a manter a plaga a raia, pero nos países pobres ter Sida supón converterse en reo de morte.


Segundo os datos de ONUSIDA, hai no mundo 33,4 millóns de afectados polo virus, 22,4 en África e 3,8 millóns no sudeste asiático.


No 2008, infectáronse 2,7 millóns de persoas, e neste caso segue sendo a África subsaxariana a máis afectada con 1,9 millóns de casos novos.


No último ano, morreron a causa da Sida 2 míllóns de persoas.


Entre estas cifras dramáticas tamén hai espazo para a esperanza; segundo o último informe de ONUSIDA denota unha certa tendencia cara a diminución de novas infeccións, xa que dende 2001 éstas reducíronse nun 17%.


.