miércoles, 29 de septiembre de 2010

Xornada sobre o Plan Xuventude 2013




Desde Novas Xeracións de Lalín organizamos unha xornada sobre o Plan Xuventude 2013 que se celebrará o vindeiro venres, 1 de outubro.

Cotaremos coa presenza de Ovidio Rodeiro, Director Xeral de Xuventude e Voluntariado que nos fará unha descripción detallada desta nova iniciativa do Goberno Galego.

Xuventude 2013 é un plan integral e intersectorial, aberto á participación social, que define un marco de actuación común cunha serie de obxectivos e medidas de actuación destinadas a deseñar, coordinar e planificar estratexicamente o conxunto de actuacións, programas e recursos orientados a atender as necesidades e demandas da mocidade galega no período temporal 2010-2013.

Os membros de Novas Xeracións de Lalín convidámosvos a asistir a esta xornada e agardamos que sexa do voso interese.

Terá lugar no Museo Ramón Aller, o venres día 1 de outubro ás 20:30h.

martes, 21 de septiembre de 2010

Festa do Partido Popular en Silleda


Desde Novas Xeracións de Lalín animámosvos a todos os que queirades a participar na Festa Popular que o PP de Galicia organiza en Silleda este vindeiro sábado.


Durante a xornada, que comezará coas intervencións de Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, poderemos disfrutar dunha comida de confraternidade que deixará paso a diversas actividades na sobremesa (touro mecánico, degustación de productos tradicionais, festa con DJ, orquesta...).

O PP de Lalín porá á nosa disposición un autobús (coa finalidade de evitar problemas de aparcamento unha vez no recinto feiral), que sairá da estación de autobuses ás 10:45 da mañá do sábado 25.



Sen máis, animámosvos a participar e disfrutar dun día de festa en boa compañía, que sen dúbida non vos ha defraudar.

Un saúdo.


Pd.- Prégase confirmar asistencia ben achegándose á sede comarcal (r/D nº5 entrechán) o mércores 22 de setembro, ou chamando ó número 986781234.

.

UN LALÍN ILUSIONANTE E CON FUTURO




Os que hoxe bordeámola vintena corremos o risco de ser a primeira xeración nos últimos 40 anos que teña menos oportunidades e un futuro máis difícil do que tiveron nosos pais. Cada vez máis as palabras e “futuro” e “ilusión” aparecen menos nas nosas conversas contiás. Fronte ás políticas erráticas, os recortes sociais e un socialismo apopléxico precisamos dunha mocidade que se revele contra a inacción, sensible ós problemas da sociedade, reivindicativa e capaz de aportar solucións.

Cando decidín formar parte activa da gran familia Popular do noso concello preguntábame qué podía aportar a este proxecto chamado Lalín; e a resposta non tardou en chegar: todos temos que aportar, todos somos importantes e todos contamos.

Os lalinenses somos xentes orgullosas e decididas, non nos arredamos e sabemos afrontar os problemas cando xorden. Os lalinenses esteamos onde esteamos sempre dicimos que somos de Lalín, nunca dunha vila cercana a Santiago ou dun municipio de Pontevedra. Hoxe, o noso concello ten entidade de seu, soubo ofrecer oportunidades ós seus habitantes, adaptarse, evolucionar, modernizarse; constituíndose nun referente da Galicia interior.

Pero os lalinenses tamén somos esixentes, e esa esixencia transládase ós nosos representantes políticos. Ese nivel de esixencia fainos contar cunha inversión en educación superior á de cidades como Vigo para este ano, fai que os nosos universitarios dispoñan dun servizo asequible de autobús a cargo do concello, que os nosos maiores recivan bos coidados, que os veciños con menos recursos sexan axudados, que os nosos empresarios teñan o respaldo absoluto do goberno da xunta e que se sigan a por en marcha políticas inversionistas nunha coxuntura tan conplexa…

O Partido Popular de Lalín afronta cada día una nova xornada de loita contra a crise, con responsabilidade e rigor, traballando por revalidar cada día a confianza que os lalinenses depositamos no proxecto que defende.

A visión que eu teño da política semella non ser a mesma que, xa dende hai tempo, estou a ver nunha parte do espectro político lalinense, a máis afín ao outrora adalid do talante e a elegancia política que quixo facer bandeira da sociedade do benestar e o progreso para os españois.

Cal é o talante dun PSOE de Lalín que reparte panfletos con improperios e mentiras en vísperas de que miles de visitantes se acheguen ó noso concello e que ademáis sae nos xornais rindo como se fixeran a mellor das aportacións aos veciños. Unha risa que estremece a calquera que analiza un pouco os xornais e que detrás só ve interés político e o rencor de alguén ao que só a venganza lle serve como satisfacción.

Ese mesmo sorriso é o retrato de quenes non cren no futuro de Lalín e de quen teñen por ilusión un Lalín de cortos prazos e de escaso futuro que non ten máis visión que aqueles que dixeron que o Lalín 2000 era un criadoiro de silvas e fentos e dos que no seu día dixeron que a piscina era para que catro ricos mollasen a barriga e aos que todo progreso para Lalín lles parece valdío.

Con eses mimbres cortoplacistas, anacrónicos e ancrados nun pasado que mira ao futuro ca desconfianza do medo ao progreso, non me extrana que o PSOE de Lalín non queira máis chan industrial nun polígono que nos ten que dar traballo a toda unha xeneración de lalinenses, que poña trabas a un novo edificio do Concello que ten que ser o emblema do Lalín do futuro no que si creemos a xuventude e que pretenda votar a baixo unha instalación deportiva como o Lalín Arena e da eu saerán as estrelas do deporte dezano do futuro. ¿A que lle teñen medo?, a que os xóvenes teñamos un Lalín non que querer vivir e no que querer quedarse a traballar e polo que loitar e pelexar.


Pablo Ferradás Madriñán



.

viernes, 17 de septiembre de 2010

Comezan as Festas!!!



Un ano máis, dan comezo as Festas da Dores; un tempo para compartir coa familia e amigos, para disfrutar e para esquecerse dos problemas da rutina diaria.

Cinco días nos que haberá de todo e para todos os gustos, sen esquecer o marchamo de austeridade que impón a situación actual.

Dende Novas Xeracións queremos aproveitar para convidavos a todos a achegarvos a Lalín nestes días festivos, nos que de seguro disfrutaredes do calor e a hospitalidade dos lalinenses.


.

Congreso Provincial de Novas Xeracións.



O pasado sábado, 11 de setembro, celebrouse en Marín o congreso Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra, resultando elexido como presidente Diego Gago, un mozo vigués ó que non lle faltan ilusión, compromiso e ganas de traballar a prol da mocidade da provincia.

Nesta andaina acompañarano Pablo Cabaleiro (Marín) como Secretario Xeral e Ana Seco (Silleda) como Vicepresidenta.

O novo presidente colle o testigo de Javier Dorado, agora presidente de Novas Xeracións de Galicia.

En canto á representación Lalinense na xunta directiva provincial de NN.XX. cabe destacar a incorporación de tres mozos e mozas do noso concello: Susana Souto López, Diego Crespo Gil e Ana Vallejo Domínguez. Aos que se suma Pablo Ferradás como membro do Comité de Dirección.

Dende Novas Xeracións de Lalín desexámoslle a mellor das sortes ó novo equipo directivo e, como non pode ser doutra maneira, agardamos deles o maior dos compromisos para tomar con solvencia o temón da organización nun contexto tan complexo.



.