miércoles, 24 de febrero de 2010

Así non Rosiña, así non.



A diputada vasca, secretaria xeral de UPyD, ex-PSOE e aspirante a bisagra, Rosa Díez, definiu, durante unha entrevista con Iñaki Gabilondo, ó presidente Zapatero coma «gallego, en el sentido más peyorativo del término».

Reproducir prexuizos e estereotipos máis que esquecidos (excepto, se cadra, na mente dalgúns e dalgunhas)parécenos que non fai máis que afastar á xente á que pretende achegarse.

Os membros de Novas Xeracións de Lalín, Vémonos obligados a dar resposta a este agravio, pois sentímonos realmente ofendidos sendo definidos (por antonomaxia) como "Zapateros, en el sentido más peyorativo del término".

Así non Rosiña, así non.

.

A biblioteca de Lalín na final dun concurso para fomentar a lectura.



Logo de ter gañado o premio María Moliner de animación á lectura, a biblioteca Varela Jácome de Lalín figura como finalista do concurso para animar a ler convocado pola editorial Everest.

Este recoñecemento súmase a outros xa recividos por unha entidade dinámica e emprendedora, sempre ó dispor dos veciños de Lalín e preocupada pola mellora da formación dos máis novos.

Esta boa nova, sen dúbida, motivará a dar continuaidade á mellora dunhas instalacións e un servizo que xa se atopan á cabeza entre os concellos da categoría de Lalín.