viernes, 27 de febrero de 2009

Peche de campaña do PP de Lalín

Hoxe, a partir das 22.30, no Pub Vagalume, o PP de Lalín pechará esta campaña das Elección Autonómicas 2009. Ali xuntarémonos todos para despedir estes quince días de traballo nos que a única obsesión do Partido Popular e de Novas Xeracións foi presentar a todos os galegos e galegas un programa de verdadeiro cambio e compromiso con Galicia.
Está preto... ¡Chegou o momento!

Faltan dous días... ¿queres que sigan?

jueves, 26 de febrero de 2009

Faltan 3 días... CHEGOU O MOMENTO

SE PENSAS EN GALICIA, VOTA FEIJÓO

Melocos...en concerto

Novas Xeracións da provincia de Pontevedra pechará mañá a campaña cun concerto de Melocos no Pub Villa Roca de Baiona.
Está rematando a campaña... CHEGOU O MOMENTO!

miércoles, 25 de febrero de 2009

QUIN nolo ía dicir?


Ai Quintana, Quintana. Isto si que é unha cachada "in fraganti". ¡Vaia!
Que ben se ía no iate, ¿non? Xa. ¡Vaia! E despois tes a cara, a face (feis, in macarronis), o morro, o fuciño, as narices, os co... de dicir que os ricos e os caciques somos outros. ¡Veña home! Estamos xa cansos de ti e das túas chorradas. Ningún de Novas Xeracións de Lalín, ¡ningún!, ten a posibilidade de dar unha volta nun iate acompañado dun gran empresario galego. ¡Ningún! E ti... que predicas igualdade, reparto das riquezas (ou mellor, das pobrezas), etc. etc. etc. si tes esa posibilidade.
Quin nolo ía dicir? Bueno, despois de ver cómo secuestrabas a unhas persoas maiores para comerlles o tarro... xa nada de ti nos sona estrano.
Por fin, por fin mostrades o que sodes e cómo gobernades. Por fin os galegos e as galegas soupemos quénes son en verdade os caciques deste país. Por fin, véusevos o plumeiro. A ver con qué cara seguides dicindo o que dicides!
CHEGOU O MOMENTO DE BOTALOS!!!
HAI QUE BOTALOS!

martes, 24 de febrero de 2009

Empezamos ben, ¡campión!

Segundo afirma lanacion.es, D. Francisco Caamaño, tan querido polos nacionalistas polo súa defensa aos estatutos de nación para as comunidades autónomas e polo seu apoio a España Plural, fixo algo moi pero que moi extrano e moi impropio dos socialistas (isto último dicímolo con ironía): colocou ao seu irmán na Xunta... ¡a dedo!
Ao final vamos ter que facerlle caso a Zapatero cando afirmou a semana pasada que "hay que echar a los caciques de Galicia". Que sí, Zapatero, que sí. A partir del día 1 seguirán en Galicia pero ya no mandarán en la Xunta, tranquilo.

"El paro seguirá aumentando". ¡Deixa de rirte de nós!


¡Ben ZP, ben! Isto vai fatal e ti non fas nada e, aínda por riba tes a caradura de dicilo: "el paro seguirá aumentando" (onte, na entrevista en Antena3Tv).
España vai ben, ¿non? Ti sábelo pola túa casa.
¡Veña ZP, deixa de rirte de nós e ponte a traballar!

Este Bermejo...

Cremos que foi un acerto que este home se fose do goberno de España. Consideramos que xa tardou demasiado; mellor, estamos convencidos de que xa nunca debeu estar onde estivo.
Este Bermejo é moito Bermejo...
Propoñemos un reto: mirar para o baile do EX-ministro de Xustiza (no seguinte video)e aguantar a risa ata o final. A nós foinos imposible: intentámolo con todas as nosas forzas pero no segundo 7 ("momento maracas")... xa non dimos aguantado máis. ¡Adiante video!


lunes, 23 de febrero de 2009

¡Era horas, Bermejo!


Era horas de que o ministro Bermejo tomase unha decisión acertada. Esta mañá cumpliuse o que todos os españois intelixentes desexabamos: a súa demisión.

domingo, 22 de febrero de 2009

Eiquí falamos con liberdade



Esta tarde, o PPdeG celebrou un Mitin en Lalín. O lugar escollido foi o Auditorio Municipal. Foi necesario poñer cadeiras supletorias e, aínda así, moita xente veuse obrigada a quedar de pé.
Todo comezou ás 18.00 aínda cando o Auditorio estaba a rebosar xa media hora antes.
Os primeiros en falar foron Crespo e Román Rodríguez. Elixiron un formato curioso: falaron os dous nunha especie de diálogo co público. Crespo presentou a Román coma "un home serio e traballador que o dará todo por defender os intereses de Lalín e do Deza no Parlamento de Galicia". O Alcalde puxo a nota de humor a afirmar que a famosa estatua do porco de Lalín era coñecida no pobo coma o "Porco de Garzón" e, incluso, dixo, coma "Porco do Alcalde".
Logo de Crespo e de Román falou María Dolores de Cospedal, a Secretaria Xeral do PP. A súa agradable voz encandilounos a todos os presentes. Cospedal pediu o voto para o PP para acabar "de una vez por todas, con los mentirosos del PSOE y del BNG". A estes dous partidos pediulles que fosen sinceiros cos galegos e cas galegas e que nos dixesen, dunha vez por todas, "quién es su candidato a la Presidencia de la Xunta y cuál es su programa".Finalmente Cospedal, nun galego perfecto, defendeu a liberdade de cada un afirmando que "eiquí falamos galego, eiquí falamos castelán porque eiquí falamos con liberdade".
Logo da Secretaria Xeral tocoulle o turno ao candidato á Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Era o momento das promesas, promesas que "se han de cumprir a partir do1 de Marzo". Por suposto, de entre todas, a máis sonada: "o prezo da autopista Lalín-Santiago rebaixarémolo nun 50%".
Logo dunha hora, chegaba o momento de rematar: globos azuis, saúdos e fortes aplausos.
Cospedal e Feijóo, a pesares da apretada axenda que hoxe tiñan (Lalín, Cruces, Santiago e Silleda), fixeron un pequeno esforzo para falar e saudar a moitos dos presentes.
Só queda unha semana, sete días, para que chegue o momento de devolver a Galicia ao lugar do que nunca tivo que saír; unha semana para que todos os galegos e galegas se acerquen ás furnas a poñer toda a súa confianza en Alberto Núñez Feijóo; unha semana para que haxa un novo presidente da Xunta de Galicia.

A canción da victoria

sábado, 21 de febrero de 2009

Mitín central en Lalín


Mañá domingo, ás 17.30 horas, o Partido Popular de Lalín celebrará o seu mitin central desta campaña. Será no Auditorio Municipal.
O PP xa celebrara na precampaña un mitin no que, ante 2500 persoas, presentou a súa proposta en canto á política agraria.
Mañá acompañarannos Alberto Núñez Feijoó e María Dolores de Cospedal.
Alí estaremos todos os de Novas Xeracións arroupando a Feioó e tamén, por suposto, ao "noso candidato", Román Rodríguez.

Encontro en Silleda

Onte, venres, pola noite, tivemos un encontro de Novas Xeracións do Deza e Tabeirós.
Xuntamonos no Hotel Katiuska uns 400 mozos e mozas (dos cales, uns 130 eramos de Lalín) vidos dende todos os concellos destas dúas comarcas.
Todo comezou sobre as 21:00. Ana Belén Seco (Pta. de NN.XX. de Silleda), Javi Dorado (Pte. Provincial de NN.XX.), María Seoane (Pta. de NN.XX. de Galicia), Telmo Martín (portavoz do PP no Concello de Pontevedra), Román Rodríguez (Candidato ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra) e Xosé Crespo (Secretario de Organización do PPdeG e Alcalde de Lalín), dirixíronse a nós para pedirnos que puxeramos todo o que estea da nosa parte para conseguir que o vindeiro día 1 de Marzo aconteza o mellor para Galicia: a victoria de Alberto Núñez Feijoó.
Despois compartimos uns pinchos e, por suposto, o baile.

Chegou o momento de Feijoó

4 anos despois...chegou o momento


Pasaron xa 4 anos dende a última vez que tivemos a oportunidade de votar para elexir aos nosos representantes políticos no Parlamento de Galicia. 4 anos que influíron na situación na que agora mesmo se atopa Galicia.
4 anos despois...
Chegou o momento de recuperar a ilusión.
Chegou o momento de volver a confiar.
Chegou o momento de Galicia.
Chegou o momento de Feijóo.