
Os mozos e mozas debemos ser donos do noso propio futuro, temos que ter voz naquelas cuestións que nos afectan directamente e máis naquelas políticas que nos preocupan. Non podemos ser suxeitos pasivos nunha sociedade na que temos moito que dicir e na que hai moito por construír.
Nós defendemos valores e apoiamos causas que consideramos fundamentais, que son o cerne da nosa comunidade; formulando elementos para o debate, xerando claves para o acordo e traballando arreo cun claro compromiso co noso e máis cos nosos, sendo sempre coherentes con aquelo que defendemos.
Igualdade de oportunidades, sostibilidade, desenvolvemento rural, formación, emprego, emprendemento xuvenil, modelos alternativos de ocio, novas tecnoloxías, saúde...Son estes últimos, só algúns dos elementos transversais obxecto do noso interese.
Non podemos permanecer calados ante o aumento dramático do desemprego xuvenil, ante o deterioro alarmante da economía, os problemas en aumento no medio rural, a degradación medioambiental…
Non, non podemos quedar calados, porque hai moito polo que traballar, moito que defender, moito que mellorar; porque a nosa sociedade precisa dunha xuventude implicada e reivindicativa, dunha xeración solidaria, activa, comprometida, coherente cos seus principios, dialogante… porque a nosa socidedade precisa que nos mobilicemos.
Os mozos e mozas de Novas Xeracións de Lalín animámoste a que te reveles, estamos desexando que te sumes a este proxecto, porque , Hoxe, máis ca nunca,
Ti tes moito que dicir!!Agardámoste na sede comarcal (r/d nº5 entrechán) de luns a sábado de 19:00 a 21:00 horas do 5 de abril ó 28 de maio.
Podes poñerte en contacto con nós através dos tlfs: 986781215 ou 986781234
.