Dende logo, a actividade agraria é unha das bases da economía local do noso concello; Lalín ten un presente e pasado moi vencellados ás actividades agrícolas e ao rural e, non nos cabe dúbida de que terá tamén un futuro cun rural vivo e dinámico polo que o Partido Popular de Lalín loita cada día.
O Partido Popular de Lalín é especialmente sensible ante as necesidades do mundo rural, por eso; o desenvolvemento rural, as políticas económicas agrarias, o cooperativismo, a achega de servizos ao rural facéndoos converxer co entorno urbano... se atopan como cabeceira no ideario do noso partido e, por suposto, como tema clave a debatir no próximo Congreso Local.
Enlace á descarga da ponencia:
http://www.scribd.com/doc/19216353/Lalin-un-mundo-rural-vivo
.
sábado, 29 de agosto de 2009
Ponencia: Calidade de vida e futuro dos servizos á cidadanía
O texto que poderedes descargar a continuación, é unha toma en gran angular, un retrato de primeira man dos concellos como prestadores de servizos, nun marco competencial múltiple e ás veces difuso no que os concellos son as administracións que máis e mellor sondean á sociedade do seu entorno máis inmediato e que de máis preto coñecen as necesidades dos veciños aos que representan.
Sanidade, educación, traballo e servizos sociais, son os alicerces desta ponencia que podedes descargar na seguinte ligazón:
http//www.scribd.com/doc/19216267/CALIDADE-DE-VIDA-E-FUTURO-DOS-SERVIZOS-A-CIDADANIA

Ponencia: Lalín no Centro
A primeira das ponencias que colgaremos, tenta retratar a situación e traxectoria do noso concello, coas súas potencialidades e as súas eivas e o constante progreso e crecemento que nos conduciu á situación actual.
Vaia, como adianto un pequeno frangmento desta ponencia:
Está claro que Lalín exerce unha atracción que está moi por riba das cifras, ten que ver coas persoas con ese carácter afable, con un toque brabucón que sempre nos levou a dicir “viva Lalín con razón ou sen ela, quen me dea un pau doulle un peso e se é de carballo 20 reais”, somos traballadores, responsables e orgullosos de pertencer a unha pequena vila de interior que pouco a pouco se converteu na cidade que aspira a ser a oitava de Galicia no ano 2025.
Para corroborar esta última afirmación e como colofón voulles contar unha anécdota que tivo lugar en Santiago León de Caracas:
O seu alcalde Fredy Bernal pretendía irmandar a súa cidade que ten máis de 3 millóns de habitantes con Lalín, cando lle brindamos a posibilidade de irmandarse coa Deputación de Pontevedra ao eu xefe de Gabinete a contestación foi a seguinte “ Que no huevón que no, que ya sé que sólo son 20.000 en Lalín pero si siendo tan pequeños hacen tanto ruido mucho tenemos que aprender de ellos, quiero hermanarme con ellos”.
Para ler ou descargar o arquivo, facede click na seguinte ligazón:
http//www.scribd.com/doc/19216319/Lalin-No-Centro
e a súa versión en castelán:
http://www.scribd.com/doc/19216417/Lalin-en-El-Centro
Un saúdo a todos.

Ponencias do Congreso Local do Partido Popular de Lalín
O partido popular de Lalín celebrará o próximo día 6 de setembro o Congreso do que sairá elexida a nova executiva Local.
Dende Novas Xeracións de Lalín, iremos colgando, en sucesivas entradas, as ponencias que serán expostas neste congreso.
Os títulos das ponencias son os seguintes:
Lalín no Centro.
Calidade de vida e futuro dos servizos á cidadanía.
Lalín, un mundo Rural vivo.

martes, 25 de agosto de 2009
Ponencia: O EMPREGO, CARA ONDE IMOS
A ponencia, O Emprego, cara onde imos, tenta retratar a situación á que nos está a conducir este período de paro desmesurado que estamos vivindo. Dende Novas Xeracións de Lalín non podemos resignarnos , non somos alleos a un drama que todos estamos a padecer.
Cada día vemos a un goberno sobrepasado polas cifras de desempregados, un goberno sen propostas eficaces e sen unha idea clara de cómo reconducir esta situación, unicamente preocupado por maquillar as listaxes de desempregados sen reparar nos millóns de dramas persoais que encerran.
Aos máis novos, o paro aféctanos dunha maneira especialmente intensa: trunca as nosas espectativas de futuro, retrasa a nosa entrada no mercado laboral, reconduce forzosamente as nosas aspiracións profesionais, cercena o interese e empuxe dos novos emprendedores,…
A solución necesita do concurso e o esforzo de todos: administracións públicas (especialmente os concellos, que sen competencias pero sendo perfectamente coñecedores da realidade socioeconómica do seu entorno, teñen as mans atadas ante calquera medida que propoñer para axudar a paliar esta situación), sindicatos, empresarios, e por suposto, tamén é imprescindible escoitar á sociedade civil dende todas e cada unha das súas plataformas.
É necesario tomar impulso, dotar ao sistema de novas ferramentas e motivar políticas activas de emprego; por que 4.000.000 no é só unha cifra, non son datos, somos nós.
Para ver ou descargar a Ponencia fai click na seguinte ligazón:

Ponencia Novas Xeneracións: AS REDES SOCIAIS EN INTERNET: NOVAS FORMAS DE COMUNICACIÓN
Os seguintes documentos compoñen as ponencias que serán expostas no próximo congreso de Novas Xeracións de Lalín que se celebrará o vindeiro 5 de setembro.
A primeira delas leva como título:
AS REDES SOCIAIS EN INTERNET: NOVAS FORMAS DE COMUNICACIÓN.
Dende NN.XX. decidimos escoller este como tema dunha das ponencias xa que as redes socias web supoñen unha nova maeira de interacción social, de comunicación de intercambio de información, un elemento de ocio... que experimentou un incremento fulgurante no seu número de usuarios nos últimos tempos e que ten entre os máis novos ao seu maior grupo de potenciais usuarios.
Relacionarse, establecer novos vínculos sociais, buscar emprego, organizar eventos, xestionar o ocio, compartir videos, fotos, información... son algunhas das potencialidades que ofrece esta nova ferramenta.
O seu campo de aplicación e versatilidade como elemento de comunicación son enormes, máis compre ter en conta certos elementos negativos que envolven ás redes sociais; como poden ser: a falta de veracidade nalgunhas das informacións ofrecidas polos usuarios, a perda de privacidade, o risco de contribuír a algún tipo de adición á rede, facilita a violación de dereitos de autor...
Dende Novas Xeración non somos alleos a esta realidade, pois empregamos as redes sociais e o fenómeno Blog como ferramentas importantes de comunicación na nosa organización xuvenil.
http://www.scribd.com/doc/19077253/AS-REDES-SOCIAIS-EN-INTERNETPabloFerradas

jueves, 13 de agosto de 2009
Congreso Local de Novas Xeracións de Lalín
O vindeiro sábado 5 de setembro celebrarase o Congreso Local de Novas Xeracións de Lalín.
Dá comezo desta maneira unha nova etapa neste proxecto que xa é de longo percorrido. Dendo os seus comezos, NN.XX. de Lalín, tentou responder ás inquedanzas dos máis novos, dotándoos de forza como colectivo importante na sociedade civil, perquisando os seus requerimentos, loitando por rachar fronteiras na igualdade de oportunidades, preocupándose pola formación dos xoves, os seus empregos, o acceso ás novas tecnoloxías e ás redes de comunicación... Son estes, algúns dos alicerces que dan forma e motivan a esta organización xuvenil que seguirá loitando a prol das mozas e mozos de Lalín.
Dende Novas Xeracións animámosvos a todas e a todos a que participedes e sexades parte deste proxecto que dende as súas orixes non deixa de medrar. As nosas portas estarán sempre abertas para vós.
Podedes atoparnos na r/D nº5 Entrechán ou chamando ao número 986781234.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)