lunes, 19 de octubre de 2009

O Partido Popular de Galicia cumple co seu compromiso coas familias e os máis novos

A rebaixa do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos suporá, por exemplo, para unha familia numerosa ou unha parella de mozos, un aforro de máis de 6.600 euros na adquisición dunha vivenda de 180.000.


A reforma enmárcase na serie de medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo de dinamización da economía e apoio ás familias nos seus catro primeiros meses de xestión, que se iniciaron co Plan de Austeridade na Administración e entre as que Pedro Puy subliñou o Plan de Choque contra a crise económica, o Plan Renove, o Plan de Banda Larga, o Plan acuícola, o de vivenda, o Plan Move de infraestruturas, as medidas de apoio ao sector lácteo, a concesión de avais por valor de 150 millóns de euros para reactivar o tecido empresarial ou a recentemente anunciada rebaixa nas peaxes.


O proxecto de lei de reforma do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, que se debaterá proximamente no Parlamento, constitúe unha demostración de que o presidente Feijóo cumpre os seus compromisos de axuda ás familias, aos xóvenes e á economía galega. Así o puxo de manifesto hoxe en rolda de prensa o portavoz de Economía e Facenda do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, quen lembrou que o dito compromiso “foi o primeiro en materia de medidas fiscais contra a crise que anunciou o actual presidente da Xunta na campaña electoral” e sinalou que a este “seguirán outros ao longo da lexislatura”, tales como os relativos á taxas portuarias, IRPF, sucesións e doazóns.


Ademais da rebaixa do imposto no caso de acceso á vivenda para familias numerosas e menores de 36 anos, a reforma da Lei incluirá tamén unha rebaixa para a sucesión empresarial coa inclusión dunha emenda presentada polo Grupo Parlamentario Popular. Así, ademais de contribuír á dinamización do mercado inmobiliario, e de apoiar á mocidade, o PP busca favorecer aos titulares daqueles negocios nos que o patrimonio inmobiliario constitúe un valor importante e están suxeitos ao pagamento deste tributo, facilitándolles a súa continuidade, “co que se favorece a permanencia no mercado galego, en lugar do peche, e polo tanto o mantemento dos postos de traballo que xeran”, segundo subliñou Pedro Puy.


Esta rebaixa fiscal supón pasar o 7% ao 4%, cunha redución do 43%, nas transmisións patrimoniais, mentres que nos Actos Xurídicos Documentados o imposto baixará desde o 1% actual ao 0,3% con carácter xeral (-66%) e do 0,75% vixente ao 0,3% na adquisición da primeira vivenda habitual (-50%). A rebaixa do imposto suporá, por exemplo, para unha familia numerosa ou unha parella de mozos, un aforro de máis de 6.600 euros na adquisición dunha vivenda de 180.000.


Unha vez aprobada a lei, a medida terá carácter retroactivo para a adquisición de vivenda habitual desde o 1 de xullo de 2009. Tomando como referencia os datos da recadación obtida por este imposto nos catro primeiros meses deste ano, calcúlase que o beneficio fiscal para os cidadáns será de máis de 7 millóns de euros, dos que máis de 6 beneficiarán aos menores de 36 anos, cartos que “en boa medida se poden recuperar polo efecto dinamizador que terá no mercado inmobiliario, o incremento da actividade indirecta e a recadación nos tributos asociados”.


O deputado explicou que a reforma contempla límites na aplicación das rebaixas, xa que, “non son axudas para mercar pazos, como algúns teñen dito”. Así, o patrimonio non debe superar os 400.000 euros nos casos de familias numerosas –máis 50.000 euros adicionais por cada membro que supere o mínimo de familia numerosa-; nin os 250.000 para os menores de 36 anos –máis 30.000 euros por cada membro adicional que conforme a unidade familiar-. O deputado salientou, ademais, que a contabilización do patrimonio é para o conxunto de persoas que utilizarán o inmoble adquirido como vivenda habitual (sexan ou non da unidade familiar), o que “evitará que se beneficien desta medida persoas con patrimonio elevado que participan na adquisición xunto con outras cun patrimonio reducido”. Igualmente sinalou que nesa contabilización do patrimonio incluése o valor do inmoble adquirido sen descontar as dédebas asumidas cando o pagamento é aprazado ou se realiza con financiamento alleo, “o que, directamente, establece un límite ao valor da vivenda adquirida que se acolle á redución do Imposto”. No que atinxe á sucesión de negocios, esíxese que as empresas teñan o seu domicilio social en Galicia e que manteñan polo menos durante 5 anos os inmobles afectos á actividade empresarial.


A reforma da lei “é unha medida que pon o autogoberno ao servizo das persoas, utilizando as capacidades normativas en materia tributaria para contribuír a atallar a crise”, indicou Puy, quen remarcou que con ela “favorécese a continuidade de negocios viables e redúcese o prezo de compras de vivendas nun gasto, ademais, que non ten financiamento alleo nas actuais circunstancias, nas que os préstamos se conceden polo 80 por cento do valor do inmoble”.
O tamén portavoz adxunto do Grupo Popular fixo especial fincapé en que a reforma do imposto enmárcase na serie de medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo de dinamización da economía e apoio ás familias nos seus catro primeiros meses de xestión, que se iniciaron co Plan de Austeridade na Administración e entre as que Pedro Puy subliñou o Plan de Choque contra a crise económica, o Plan Renove, o Plan de Banda Larga, o Plan Acuícola, o de vivenda, o Plan Move de infraestruturas, as medidas de apoio ao sector lácteo, a concesión de avais por valor de 150 millóns de euros para inxectar liquidez no tecido empresarial ou a recentemente anunciada rebaixa nas peaxes. “O principal compromiso de Núñez Feijóo de gobernar pensando nas persoas e na solución dos principais problemas derivados da situación económica se está a cumprir desde o primeiro momento”, afirmou.


Pedro Puy contrastou as medidas do novo Goberno da Xunta coas políticas socialistas de “máis gasto e maiores impostos, nun contexto no que os países que están a saír da crise están a facer o contrario”. Nese sentido, referiuse aos anuncios do Goberno de Zapatero de subir os impostos “de xeito que a xa difícil situación de tantos cidadáns agravarase ao ter que pagar a ineficiente xestión e as continuas improvisacións dos socialistas, xusto o contrario de o que hai que facer, que é defender aos cidadáns ante esa situación”, algo que é “precisamente, o que fai o Goberno de Núñez Feijóo con este tipo de medidas”.

viernes, 16 de octubre de 2009

Día Internacional da Alimentación: Unha data para reflexionar


Hoxe celébrase o Día Mundial da Alimentación. Tristemente, unha de cada seis persoas coas que compartimos a Terra pasa fame. Son un total de 1.020.000.000 as persoas desnutridas, 100.000.000 máis que no ano 2008 segundo os datos do último informe da FAO.


Este mesmo informe amosa que os máis pobres diminúen as súas comidas e inxiren alimentos menos nutritivos, ademáis de recortar os seus gastos en sanidade e educación.
A crise económica agrava a crise alimentaria que padecen de maneira máis ou menos crónica os países menos desenvolvidos; a entrada nun entorno económico de caracter global dos países en vías de desenvolvemento fai que a crise que estamos padecendo lles afecte tamén a eles, ocasionando desequilibrios nos prezos dos alimentos e dificultando o acceso a artigos de primeira necesidade.
Non podemos consentir de ningunha maneira que as dificultades económicas de occidente provoquen mái fame e miseria entre os que menos teñen, entre os esquecidos entre a marea de indicadores macroeconómicos e análises a curto prazo.
É indecente que unha sexta parte da humanidade pase fame

jueves, 1 de octubre de 2009

Foto de familia

Vense de celebrar, o pasado 26 de setembro en Silleda, o tradicional encontro entre afiliados e simpatizántes do partido popular de Galicia. Foi unha xornada na que compartir ideas e propostas.
O pasado sábado púidose comprobar o abrumador apio co que conta o Partido Popular no noso País, que ano tras ano e en cada convocatoria electoral demostra por qué é o partido que máis se asemella aos galegos e galegas.



Na foto anterior, pódense ver a algúns membros de Novas Xeracións de Silleda e de Lalín, despois de compartir xantar e animada sobremesa.

.

Apoio á candidatura Madrid 2016



Novas Xeracións de Lalín, desde a súa modesta posición, quere amosar o seu total apoio á cidade de Madrid como candidata para celebrar os Xogos Olímpicos do 2016.

Moita Sorte!!!

.