viernes, 12 de noviembre de 2010

Obradoiro sobre Búsqueda Activa de emprego

















Vense de realizar o obradoiro sobre búsqueda activa de emprego organizado por Novas Xeracións de Lalín. Ó redor de duas ducias de mozos e mozas do noso Concello estiveron presentes nesta actividade impartida por Cándida Rodríguez Ferro no Museo Ramón Aller. Quixéronnos acompañar tamén Luís Lugués, portavoz do grupo popular en Rodeiro e Fé Cortizo e Nuria Rodríguez concelleiras de emprego e cultura respectivamente do Concello de Lalín.

Desde Novas Xeracións de Lalín queremos agradecerlle á ponente, Cándida Rodríguez, o seu bo facer e a súa enteira disposición durante a realización desta actividade. É un gusto contar con persoas do talle humano e profesional de Cándida.



.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Programa Repoblar: Internet para todos, en todos os lugares e a bo prezo.








Vense de presenar o programa Repoblar, liderado pola Diputación de Pontevedra, da man do do seu presidente, Rafael Louzán, e do vicepresidente e alcalde de Lalín Xosé Crespo. Este é un ambicioso proxecto que pretende achegar internet de calidade ata todos os fogares da provincia e co mellor prezo do mercado.
Conséguese así que as persoas que viven no rural dispoñan dun servizo de acceso á rede de banda ancha da mesma calidade que o que se pode disfrutar no centro urbán.
Esta é unha moi boa nova especialmente para os máis novos, que poderemos acceder á rede de redes sen ter que nos desplazar.
Hoxe internet é un recurso de primeira necesidade, unha ferramenta coa que comunicarnos, informarnos, estudar, traballar...
Desde Novas Xeracións de Lalín queremos felicitar ó goberno da Deputación Provincial por esta nova iniciativa que xa é unha realidade e que, segundo palabras do propio Rafael Louzán, nos achega un pouco máis ó futuro.
A partires de agora calquera veciño de Lalín poderá conectarse á rede cun mínimo de 1 mega por 17€ ó mes.

Para máis información, facede click nesta ligazón: http://www.repoblar.depo.es/



.

O PSOE paritario, o PSOE da igualdade...

martes, 9 de noviembre de 2010

Apoio ó pobo saharaui



Como sabedes, nos últimos días o pobo saharaui está a sufrir unha ola de ataques por parte das forzas militares marroquíes que ademáis de desaloxar pola forza o campamento pacífico da capital do Sahara ocupado, El Aaiún, tamén provocaron a desaparición de centenares de civís saharauis e incluso a morte dunha ducia de persoas. Por todo isto, e en defensa da liberdade e da paz no Sahara Occidental, Novas Xeracións apoia e estará presente nas concentracións convocadas por Solidaridade Galega co Pobo Saharaui nas distintas cidades de Galicia que se celebrarán ás 20.00 horas diante dás Subdelegacións do Goberno de Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra, diante do Marco en Vigo, na Praza de Cervantes en Santiago e diante do Concello en Ferrol.

Mozos e mozas de Novas Xeracións de Lalín desplazaranse ata a Praza de Cervantes de Santiago para sumarse a esta concentración. Outros dos membros da nosa organización xuvenil, estudantes nos distintos campus de Galicia estarán presentes nas manifestacións das distintas cidades onde estudan.




.

Obradoiro sobre Búsqueda Activa de emprego






O desemprego xuvenil acada na actualidade cifras alarmantes, é unha das maiores preocupacións da mocidade actual; os mozos e mozas non só temos que estar cada vez máis e mellor preparados senón que tamén debemos enfrontarmonos a un mercado laboral a cada paso máis competitivo e esixente.

Por isto, desde Novas Xeracións de Lalín decidimos levar a cabo este obradoiro sobre búsqueda activa de emprego. Será impartido por Cándida Rodríguez Ferro e terá lugar no Museo Ramón Aller este venres, día 12, ás 7 da tarde.


¿A QUEN VAI DIRIXIDO ESTE OBRADOIRO? A todo o público en xeral e, especialmente, a mozos e mozas que teñan inquedanza por mellorar as súas habilidades para a búasqueda de emprego, dando un primeiro paso cara a emancipación.

¿POR QUÉ CREMOS QUE PODE RESULTARCHE MOI INTERESANTE? Porque traballaremos sobre elementos eminentemente prácticos que che permitirán identificar e mellorar as túas debilidades e aproveitar as túas potencialidades.



.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Éxito do Magosto Popular '10




Este sábado Novas Xeracións de Lalín celebrou un ano máis o seu xa tradicional Magosto. Ó longo da noite achegáronse ata o pavillón do antigo colexio Manuel Rivero ó redor de 150 persoas. A afluencia de asistentes superou as espectativas da organización que tiveron que engadir duas mesas máis ás xa colocadas inicialmente. Os participantes poideron degustar chourizos e panceta adobada á brasa, viño e castañas. Sorteouse ademáis un tratamento de spa para dúas persoas.



.

A campaña de afiliación de Novas Xeracións de Galicia recalou este sábado en Lalín




A campaña de afiliación itinerante posta en marcha por Novas Xeracións de Galicia recalou este sábado en Lalín. A pesares da tarde gris deste día do outono lalinense, moitos foron os mozos e mozas que se achegaron ata a carpa instalada na Praza da Igrexa para solicitar información sobre as actividades da nosa organización xuvenil, ofrecer suxerencias e recoller follas de afiliación.

Con esta iniciativa, Novas Xeracións quere potenciar o que é o seu activo máis importante, as persoas, e por de manifesto a vocación aberta e plural do proxecto que defende.



.

martes, 2 de noviembre de 2010

Magosto Popular '10




Desde Novas Xeracións de Lalin organizamos un magosto que terá lugar vindeiro sábado 6 de novembro, a partires das 22:00 horas no pavillo do antigo colexio Manuel Rivero.

Haberá chourizos e panceta á brasa, viño e máis refrescos, boa música... e por suposto castañas!!!

Estades todos convidados.

Agardamos que vos sumedes á festa.



.