
O Concello de Lalín ven de por en marcha a séptima edición do programa "50.000 árbores máis" dándolle a oportunidade ós veciños e veciñas da vila de adquirir de maneira asequible tres lotes diferentes de árbores e prantas.
Poñeranse á venda 3 lotes a un prezo de 20 euros: un deles contará con carballos, outro árbores frutais e o terceiro múltiples prantas ornamentais.
Os lotes poderán reservarse en Caixanova ata o 5 de marzo e recolleranse no mercado de gando o día 12.
Esta é, sen dúbida, unha gran iniciativa a prol da repoboación e a riqueza dos nosos montes e zonas verdes, un xesto máis, dun concello que aposta de maneira decidida polo medio natural e o desenvolvemento sostible.


No hay comentarios:
Publicar un comentario