
A Mesa Pola Normalización Lingüística que se autodefine como "plataforma independente, plural e apartidaria" recibeu xenerosas subvencións durante os anos de goberno bipartito, sendo especialmente pródigas as axudas achegadas polas consellerías controladas polo BNG.
Entre o ano 2006 e o primeiro trimestre do ano 2009 "A Mesa" recaudou un total de695.309 euros e, desta cifra, 647.000 proceden de consellerías manexadas polo BNG.
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de Anxo Quintana foi a máis xenerosa coa asociación, xa que no 2007 lles proporcionou 223.140 euros dos 385.912 que recadou. Neste curso, a Real Academia Gallega percibiu 125.531€ menos que a Mesa Pola Normalización Lingüística; este último apartado resulta ben curioso, cando a é a RAG a institución encargada de velar polos dereitos da lingua e de elavorar a norma gramatical, fónica e ortográfica do galego.
Está ben claro que as ideas en materia lingüística da MNL e do BNG son absolutamente coincidentes así como a súa oposición frontal ó borrador do decreto plurilingue e nula disposición ó acordo co goberno popular neste ámbito.
Despois dunha lexislatura vivindo na súa trincheira de ouro, a Mesa enfróntase á súa particular travesía polo deserto da man do BNG, facendo o seu traballo alí onde o partido nacionalista non chega pola súa falta de representatividade e levando a cabo accións preventivas ante o minimo atisbo de medidas do goberno de Feijoo en materia lingüística.
.


1 comentario:
podiades falar dos miles de euros que recibiu a voz ou o ABC durante anos e anos para promocionar a lingua galega e onde ficaron......
Publicar un comentario