martes, 10 de marzo de 2009

Falece Ángel Latas, ex-presidente de NNXX de Vigo







Hai unhas horas coñecín pola prensa (en concreto, na páxina web de La Voz de Galicia) o falecemento de Ángel Latas Parada.
Segundo apuntan os xornalistas, Ángel apareceu morto no seu piso de Vigo este domingo. Non trascendeu o motivo do seu pasamento pero tampouco importa.

Tiven a posibilidade de coñecer a Latas na campaña das eleccións autonómicas do 2005 cando eu traballaba na Sé do partido en Santiago. Sen dúbida el era unha desas persoas ás que, sen ningún esforzo, se lles pode poñer o apelativo de "boa". Era unha persoa entregada a aquilo no que creía, ao partido e ás súas ideas; e sempre, sempre, cun sorriso e regalando a todos palabras amables.

Estas noticias fan a un pensar na vida e no importante e irrepetible que esta é; ademais invitan á humildade, a baixarse da soberbia que en tantos momentos nos fai crernos donos da vida e da morte.

Ángel tiña 32 anos, era asesor persoal de Dna. Corina Porro e estaba a pouco tempo de comezar o seu traballo coma senador. Xoven, con formación e moitas ilusións. Misterios da vida e do mundo que sempre permanecerán ocultos á nosa vista.

Aproveito este espazo de Novas Xeracións de Lalín para enviar o meu máis sentido pésame á súa familia e amigos, en nome propio e en nome de todos os xóvenes populares de Lalín.

¡Descanse en paz, Ángel Latas Parada!


Marcos Torres

1 comentario:

Pablo Couto Parada dijo...

MUCHAS GRACIAS POR TUS PALABRAS SOBRE MI QUERIDO PADRINO!!