Fai cinco anos, uns terroristas asasinaron vilmente en Madrid a case 200 persoas. Esta masacre, das maiores da historia de España, trocou a vida e tocou o corazóns de toda a xente de ben.
Os mozos e mozas que formamos Novas Xeracións de Lalín renovamos o noso apoio a todas as persoas vítimas do terrorismo.
Todos os homes e mulleres temos o dereito a vivir en liberdade e a expresar e defender as nosas ideas. Ningunha persoa nin ningún poder pode impedirnos facelo. O terrorismo pretende calar as nosas voces coa violencia. Ante isto debemos unirnos todos para que, coa forza do Estado de Dereito, logremos erradicar esta lacra da nosa sociedade.
Desprezamos e condenamos, unha vez máis, toda forma de terrorismo, todo xeito de violencia, moral ou física. Alzamos as nosas voces para pedir paz e xustiza. Pedimos aos nosos gobernantes que traballen a reo para que chegue o día no que cada cidadán poida vivir en verdadeira e total liberdade.
Lalín, 11 de marzo de 2009

No hay comentarios:
Publicar un comentario