lunes, 2 de marzo de 2009

Alberto Núñez Feijóo, O PRESIDENTE



Onte, 1 de Marzo, Galicia dixo alto e claro quen quería que fose en verdade O PRESIDENTE: Alberto Núñez Feijóo.
Onte, 1 de Marzo, Galicia pediu un cambio real: despediu ao bipartito e puxo toda a súa confianza en Feij009.
O Partido Popular de Galicia, con 39 escanos, segue a ser o partido máis votado pero, desta volta, con maioría absoluta.
Sen dúbida, isto é unha grande noticia para todos: para España, para Galicia e, por suposto, tamén para Lalín.
"¿Queres que volvan?" preguntábannos as Xuventudes Socialistas a todos os galegos nesta pasada semana. SI, foi a nosa resposta; SI, QUEREMOS QUE VOLVAN.

Ao PRESIDENTE quédalle un gran traballo por diante, estamos seguros de que responderá ben ao encomendado.
Ao Partido Popular de Galicia tócalle, de novo, gobernar Galicia; ao Partido Socialista tócalle retirar os carteis que afirmaban que Touriño era o presidente e tócalle pensar cal foron os motivos desta derrota (se queren, nós dicímoslles algúns); ao BNG tócalle reflexionar seriamente qué queren facer do seu partido e da súa política porque Galicia non os apoia.

Así as cousas, CHEGOU O MOMENTO de Feijóo, O PRESIDENTE; CHEGOU O MOMENTO de traballar CON VALENTÍA E SEN ATADURAS.
Si, Galicia, CHEGOU O TEU MOMENTO.


Dende este blog queremos dar as grazas, en nome de todo o PPdeG e en nome de Novas Xeracións, a todas aquelas persoas, sobre todo aos máis xóvenes, que traballaron a reo durante todos estes días de campaña no noso concello de Lalín, para que os cidadáns coñecesen o proxecto popular e depositasen así a súa confianza nel.

Graciñas a todos.

Con esta victoria, gañamos todos, gañou Galicia.