O día 3 de Marzo, Emilio Pérez Touriño presentaba a súa dimisión como Secretario Xeral do Partido dos Socialistas Galegos. Ese mismo día pediámoslle neste blog a Anxo Quintana, portavoz do BNG, que fixese o mesmo. Hoxe, 11 días despois, Anxo fíxonos caso: dimitiu.
Nas Eleccións Autonómicas do 1 de Marzo, Galicia respaldou o proxecto do PPdeG encabezado por Alberto Núñez Feijóo. A estas Eleccións concorrían, entre outros, o PPdeG e a coalición PSOE-BNG. É certo que o PSOE-BNG nos mentiron a todos os galegos e galegas porque presentáronse con dous programas diferentes cando sabía perfectamente que o seu obxectivo era común: impedir ao PPdeG que chegase ao goberno; e este obxectivo había que acadalo fose como fose. Durante a campaña electoral, PSOE e BNG traballaron "separados" en canto que os seus lemas, os seus mítines, os seus actos, etc. eran diferentes pero, no fondo, moi unidos porque procuraron, por todos os medios, non "tocarse".
Galicia estaba cansa deles, estaba cansa dos 3 anos e medio de desgoberno e división; Galicia non podía soportar máis que fosen dous os presidentes e, aínda por riba, que fosen pésimos presidentes. Deste xeito, Galicia depositou a confianza en aquel que pode facer posible a misión de gobernar que o "matrimonio" Touriño-Quintana fixeran imposible: Feij009.
Dixeron que se xuntaban para botar ao PPdeG do goberno; xuntaronse e... xuntos comezaron a viaxe, xuntos "intentaron" guiar o barco, xuntos afundiron e xuntos, agora, afogaron.
A Touriño xa o despedimos neste blog o día 3 de Marzo. Hoxe, día 14, despedimos a Anxo Quintana.
Anxo, grazas por nada e ¡adeus!
Galicia diche "adeus" orgullosa de saber que ela é a que decide que te vaias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario