domingo, 8 de marzo de 2009

Día Internacional da Muller Traballadora

Dende o ano 1911 vense celebrando todos os 8 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora.
Novas Xeracións do PP de Lalín querémonos sumar hoxe a esta celebración recoñecida pola ONU.
Dende este espazo honramos a todas as mulleres do mundo polo seu traballo a prol da humanidade.
Pedimos a todos, en especial a aqueles que teñen algún cargo público, que sigan a traballar a reo a prol da muller. Este traballo debe ser, se cabe, máis serio e profundo nos países subdesenvolvidos nos que a muller segue a ser explotada, tida por menos e incluso escrava.
Todos somos froito do esforzo, do tesón e do sofrimento dalgunha muller (das nosas nais); todos debemos implicarnos nesta tarefa de lograr unha igualdade real entre homes e mulleres.
Rexeitamos, iso si, que, envolto nun falso papel de progreso, se use o tema da loita pola igualdade como arma política e publicidade institucional. Sen ir máis lonxe, onte, José Luís Rodríguez Zapatero participou nun encontro no que se conmemoraba o día de hoxe e alí afirmou que "cuanto más conservadores son los sitios, menos mujeres hay". O xornal ABC recórdalle hoxe que só 3 de cada 10 altos cargos son mulleres.

No hay comentarios: