
Máis de 3.500 simpatizantes e afiliados do Partido Popular arrouparon, este domingo no Palacio de Congresos de Galicia, a Alberto Núñez Feijoo na celebración da victoria electoral do 1 de Marzo. No mesmo lugar onde Feijoo foi elexido sucesor de Fraga, o Presidente da Xunta ratificou o seu compromiso con Galicia e cos galegos e prometeu deixar ata o último alento no cumprimento do contrato simbólico con Galicia que rubricou hai xa un ano.
Entre a multitude de asistentes ó acto estabamos un nutrido grupo de mozos e mozas de Novas Xeracións de Silleda e de Lalín que colaboramos na organización do evento. Ademáis desta representación xuvenil, achegouse a Santiago un bo número de afiliados e simpatizantes dos dous concellos dezaos.


..


No hay comentarios:
Publicar un comentario