
A biblioteca Municipal “Varela Jácome” acolle dende o día 9 a exposición dos 142 marcapáxinas que se presentaron ao concurso do VI Premio de Marcapáxinas que rematou o prazo de recepción de orixinais o pasado 31 de marzo de 2010.
A edición deste ano está marcada pola gran cantidade de creacións que se presentaron a concurso nas distintas categorías, chegándose a contabilizar tamén concursantes na categoría de máis de 80 anos.
A entrega de premios para os gañadores terá lugar o vindeiro día 23 de abril e o fallo do xurado darase a coñecer a semana anterior.
.


No hay comentarios:
Publicar un comentario