martes, 6 de abril de 2010

Falemos de linguas; Xornada sobre política lingüística




Baixo o lema "Elementos para o debate bases para o acordo" dende Novas Xeracións de Lalín celebraremos o vindeiro venres 9 de abril unha xornada sobre política lingüística. Contaremos coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística e máis con Román Rodríguez, deputado autonómico e voceiro do grupo popular en materia lingüística. Tralas intervencións, artelladas en clave de mesa redonda, abrirase un tempo de debate no que todos poderemos amosar o noso punto de vista e facer as preguntas que consideremos. Animámosvos a todos a achegarvos ó museo Ramón Aller a partires das 19:30 horas do vindeiro venres.


.

No hay comentarios: