sábado, 29 de agosto de 2009

Ponencia: Un mundo Rural Vivo

Dende logo, a actividade agraria é unha das bases da economía local do noso concello; Lalín ten un presente e pasado moi vencellados ás actividades agrícolas e ao rural e, non nos cabe dúbida de que terá tamén un futuro cun rural vivo e dinámico polo que o Partido Popular de Lalín loita cada día.

O Partido Popular de Lalín é especialmente sensible ante as necesidades do mundo rural, por eso; o desenvolvemento rural, as políticas económicas agrarias, o cooperativismo, a achega de servizos ao rural facéndoos converxer co entorno urbano... se atopan como cabeceira no ideario do noso partido e, por suposto, como tema clave a debatir no próximo Congreso Local.

Enlace á descarga da ponencia:

http://www.scribd.com/doc/19216353/Lalin-un-mundo-rural-vivo

.

No hay comentarios: