sábado, 29 de agosto de 2009

Ponencia: Lalín no Centro

A primeira das ponencias que colgaremos, tenta retratar a situación e traxectoria do noso concello, coas súas potencialidades e as súas eivas e o constante progreso e crecemento que nos conduciu á situación actual.

Vaia, como adianto un pequeno frangmento desta ponencia:

Está claro que Lalín exerce unha atracción que está moi por riba das cifras, ten que ver coas persoas con ese carácter afable, con un toque brabucón que sempre nos levou a dicir “viva Lalín con razón ou sen ela, quen me dea un pau doulle un peso e se é de carballo 20 reais”, somos traballadores, responsables e orgullosos de pertencer a unha pequena vila de interior que pouco a pouco se converteu na cidade que aspira a ser a oitava de Galicia no ano 2025.

Para corroborar esta última afirmación e como colofón voulles contar unha anécdota que tivo lugar en Santiago León de Caracas:
O seu alcalde Fredy Bernal pretendía irmandar a súa cidade que ten máis de 3 millóns de habitantes con Lalín, cando lle brindamos a posibilidade de irmandarse coa Deputación de Pontevedra ao eu xefe de Gabinete a contestación foi a seguinte “ Que no huevón que no, que ya sé que sólo son 20.000 en Lalín pero si siendo tan pequeños hacen tanto ruido mucho tenemos que aprender de ellos, quiero hermanarme con ellos”.


Para ler ou descargar o arquivo, facede click na seguinte ligazón:

http//www.scribd.com/doc/19216319/Lalin-No-Centro

e a súa versión en castelán:

http://www.scribd.com/doc/19216417/Lalin-en-El-Centro


Un saúdo a todos.

No hay comentarios: