Os seguintes documentos compoñen as ponencias que serán expostas no próximo congreso de Novas Xeracións de Lalín que se celebrará o vindeiro 5 de setembro.
A primeira delas leva como título:
AS REDES SOCIAIS EN INTERNET: NOVAS FORMAS DE COMUNICACIÓN.
Dende NN.XX. decidimos escoller este como tema dunha das ponencias xa que as redes socias web supoñen unha nova maeira de interacción social, de comunicación de intercambio de información, un elemento de ocio... que experimentou un incremento fulgurante no seu número de usuarios nos últimos tempos e que ten entre os máis novos ao seu maior grupo de potenciais usuarios.
Relacionarse, establecer novos vínculos sociais, buscar emprego, organizar eventos, xestionar o ocio, compartir videos, fotos, información... son algunhas das potencialidades que ofrece esta nova ferramenta.
O seu campo de aplicación e versatilidade como elemento de comunicación son enormes, máis compre ter en conta certos elementos negativos que envolven ás redes sociais; como poden ser: a falta de veracidade nalgunhas das informacións ofrecidas polos usuarios, a perda de privacidade, o risco de contribuír a algún tipo de adición á rede, facilita a violación de dereitos de autor...
Dende Novas Xeración non somos alleos a esta realidade, pois empregamos as redes sociais e o fenómeno Blog como ferramentas importantes de comunicación na nosa organización xuvenil.
http://www.scribd.com/doc/19077253/AS-REDES-SOCIAIS-EN-INTERNETPabloFerradas
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario