martes, 25 de agosto de 2009

Ponencia: O EMPREGO, CARA ONDE IMOS

A ponencia, O Emprego, cara onde imos, tenta retratar a situación á que nos está a conducir este período de paro desmesurado que estamos vivindo. Dende Novas Xeracións de Lalín non podemos resignarnos , non somos alleos a un drama que todos estamos a padecer.

Cada día vemos a un goberno sobrepasado polas cifras de desempregados, un goberno sen propostas eficaces e sen unha idea clara de cómo reconducir esta situación, unicamente preocupado por maquillar as listaxes de desempregados sen reparar nos millóns de dramas persoais que encerran.

Aos máis novos, o paro aféctanos dunha maneira especialmente intensa: trunca as nosas espectativas de futuro, retrasa a nosa entrada no mercado laboral, reconduce forzosamente as nosas aspiracións profesionais, cercena o interese e empuxe dos novos emprendedores,…

A solución necesita do concurso e o esforzo de todos: administracións públicas (especialmente os concellos, que sen competencias pero sendo perfectamente coñecedores da realidade socioeconómica do seu entorno, teñen as mans atadas ante calquera medida que propoñer para axudar a paliar esta situación), sindicatos, empresarios, e por suposto, tamén é imprescindible escoitar á sociedade civil dende todas e cada unha das súas plataformas.

É necesario tomar impulso, dotar ao sistema de novas ferramentas e motivar políticas activas de emprego; por que 4.000.000 no é só unha cifra, non son datos, somos nós.

Para ver ou descargar a Ponencia fai click na seguinte ligazón:
.

No hay comentarios: