miércoles, 9 de diciembre de 2009

Os gandeiros de Lalín perden 4000 euros ó día mentres a ministra non reparta cota.


O edil de actividade agraria de Lalín, Manuel Fernández, indicou, tendo en conta datos porcentuais da cota láctea, que os gandeiros de Lalín perden 4000 euros ó día, ó redor de 1,4 millóns de euros ó ano por mor da falla de compromiso da ministra de Medio Rural ó non cumplir co reparto de cota da Reserva Nacional.


O propio concelleiro resumiu a situación coas seguintes palabras «é intolerable o pasotismo da ministra aparcando sine díe todos os compromisos que adquiriu cos productores e incluso esquecéndose do anunciado en febreiro de 2008 en acto público en Ordes do reparto gratuito xa para o ano pasado da cota existente na Reserva Nacional».


Esta pérdida súmase a outras que está sufrir un sector que se atopa nunha situación crítica motivada polo baixo prezo do leite en orixe e a suba das materias primas e máis insumos.


Un concello coma o de Lalín non pode permanecer parado ante esta situación, e, dende logo, non o fará. Manuel Fernández, máis coñecido por tódolos veciños como Manolo de Castro, anunción que presentará unha moción no seu debate na Corporación co obxectivo de reiterar ó Ministerio de Medio Rural a adopción de medidas que axuden a paliar a crise no secto lácteo.


A producción leiteira é unha actividade chave para a economía local e da súa prosperidade depende o futuro de moitas familias e moitos mozos e mozas lalinenses.

No hay comentarios: