miércoles, 9 de diciembre de 2009

O Parlamento aproba unha iniciativa para que a Xunta combata o acoso en internet


Na iniciativa o Grupo Popular tamén solicitou proxectar unha campaña de sensibilización e concienciación sobre os perigos das páxinas que promoven a autodestrucción, a coacción ou engano a menores, o establecemento dun punto de información e axuda a vítimas de acoso e as súas familias e un sitio web que aconselle a pais, nais e profesorado.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe na Comisión de Educación e Cultura unha iniciativa do PPdeG na que se solicita que a Xunta de Galicia poña en marcha un sistema de detección do acoso na internet (cyberbulling) e proxecte unha campaña de sensibilización e concienciación sobre os perigos das páxinas que promoven a autodestrución, a coacción ou o engano a menores, e dos perigos que conleva revelar datos persoais a través de internet.Na iniciativa do PPdeG se solicita o establecemento dun punto de información e axuda a vítimas do acoso por internet e ás súas familias, un punto de apoio na internet a través dunha páxina web que advirta dos contido e no que se informe e aconselle a vítimas. Así mesmo demanda un sitio web onde se aconselle a pais e nais e profesorado para control dos contidos visitados ou información dos sistemas de filtrado que restrinxen o acceso a certos contidos programados para adultos. A iniciativa, aprobada por unanimidade, incluíu propostas dos grupos da oposición, PSdG-PSOE e BNG, como a de solicitar a formación do profesorado e a implicación das Anpas.A deputada popular María Seoane defendeu na súa iniciativa a necesidade de conxugar a redución de todos os riscos derivados no uso das TICs coa necesidade de proporcionar aos menores e aos mozos e mozas espazos para a súa formación, desenvolvemento persoal e esparcemento, para o que internet se consolida como unha ferramenta fundamental. María Seoane fixo referencia a un recente estudo da Universidade de Vigo no que se indica que a cuarta parte dos alumnos de ESO en Galicia aseguran que foron vítimas de ataques físicos ou psicolóxicos, e de entre esas formas de acoso cada vez cobra mais relevancia o cyberbulling ou o acoso por medio das novas tecnoloxías.A deputada popular lembrou que según datos da ONG "Protégeles" o 17% dos menores que utiliza habitualmente internet visita páxinas proanorexia ou probulimia, , onde chegan a facer campionatos de quilos e nelas se atopan consellos para non comer e enganar á familia. As autoridades pechan a miúdo estas páxinas pero os expertos advirten de que por cada unha que se pecha aparecen cinco novas. Nese senso, segundo indicou a deputada popular, a Brigada de Delitos telemáticos ven de crear un grupo especial controlador dos contidos nocivos para menores na rede pero sinalan que este non pode ser o único camiño polo que o PPdeG considera imprescindible a labor de concienciación e sensibilización da sociedade a través de todos os ámbitos da Administración. Para a deputada popular unha ferramenta da máxima importancia como é Internet, na que navegan a diario o 75% dos nenos e nenas españois de entre 10 e 15 anos, segundo datos do INE, se é mal utilizada e sen ningún control pode xerar situacións perigosas para os menores.

No hay comentarios: