martes, 1 de diciembre de 2009

Día mundial contra a Sida


Hoxe celébrase o día mundial contra a Sida, unha data na que a todos se nos achega información sobre o estado da enfermidade, sobre a súa extensión no mundo, o avance sobre os estudos sobre novos remedios... pero non é suficiente cun día no que compadecernos dos afectados, esta loita esixe do compromiso de todos.


Aínda que a Sida segue a ser un drama global, nos países ricos, o arsenal de medicamentos que xurdiu nos últimos anos axuda a manter a plaga a raia, pero nos países pobres ter Sida supón converterse en reo de morte.


Segundo os datos de ONUSIDA, hai no mundo 33,4 millóns de afectados polo virus, 22,4 en África e 3,8 millóns no sudeste asiático.


No 2008, infectáronse 2,7 millóns de persoas, e neste caso segue sendo a África subsaxariana a máis afectada con 1,9 millóns de casos novos.


No último ano, morreron a causa da Sida 2 míllóns de persoas.


Entre estas cifras dramáticas tamén hai espazo para a esperanza; segundo o último informe de ONUSIDA denota unha certa tendencia cara a diminución de novas infeccións, xa que dende 2001 éstas reducíronse nun 17%.


.

No hay comentarios: