lunes, 19 de julio de 2010

Lalín, a "xoia escondida".





Na xornada de onte o xornalista Ian Wright e o seu equipo do Discovery Channel grabaron en Lalín parte dun documental sobre Galicia que será emitido en todo o mundo, cunha audiencia potencial de 400 millóns de persoas.

O xornalista calificou a Lalín como "xoia escondida"; entre outros lugares, visitaron o Kilómetro Cero lalinense, o monumento adicado ó porco da localidade, oalbergue de A Laxe, tramos do Camino de Santiago do municipio, e as carballeiras de Catasós e O Rodo ademais de desfrutar das excelencias gastronómicas do noso concello.

Esta oportunidade de darnos a coñecer ó mundo non pode ser senón motivo de orgullo para todos os lalinenses. Dende Novas Xeracións de Lalín queremos agradecerlle ó noso alcalde, Xosé Crespo, as xestións realizadas para que este feito fose realidade.





.

No hay comentarios: