jueves, 29 de julio de 2010

Encontro de mozos e mozas de Novas Xeracións de Lalín e Silleda con Javier Dorado, candidato á presidencia de Novas Xeracións de Galicia.




Membros de Novas Xeracións de Lalín e máis Silleda achegáronse hoxe ata a sede comarcal do partido popular para participar nunha reunión que contou coa presenza de Javier Dorado Soto, candidato á presidencia desta organización xuvenil no congreso autonómico de Novas Xeracións que se celebrará o próximo sábado en Santiago de Compostela.

Durante o encontro os mozos e mozas de Novas Xeracións dos dous concellos dezaos transmitíronlle ó candidato os seus puntos de vista sobre o futuro da organización xuvenil Popular.

Ana Belén Seco e Pablo Ferradás fixeron balance do funcionamento durante o último curso político das xuntas locais das que son responsables; aproveitando a reunión para compartir proxectos e iniciativas e emprender actividades comúns.

As organizacións locais de Novas Xeracións do Deza están plenamente operativas e preparadas para apoiar ás candidaturas do Partido Popular de cara as próximas eleccións municipais.



.

No hay comentarios: