
Dende Novas Xeracións de Lalín condeamos o atentado da banda terrorista ETA que onte acabou coa vida do inspector de policía Eduardo Puelles.
Queremos amosar todo o noso apoio e afecto á súa familia e amigos.
Eduardo Puelles loitou pola liberdade e por iso perdeu a súa vida. Nós seguiremos loitando no seu nome e no nome de todos os asasinados por ese grupo chamado ETA e formado por un puñado de bárbaros, animais e cobardes.
Nin ETA nin ninguén conseguirán que deixemos de apostar pola liberdade como un dos fundamentos básicos de toda sociedade.
Como dixo o Presidente do Goberno Vasco, Patxi López, "ensinarémoslles o camiño da cárcere".
Ao final, sabémolo, trunfaremos os que estamos deste lado da liña.


No hay comentarios:
Publicar un comentario