
O deste goberno é vergonzoso. O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero está a sumir a España nunha grande crise económica, social, de valores...
Pero o peor de todo isto é que pretenden que os cidadáns nos creamos o dos "brotes verdes" e nos convenzamos de que o neno abortado "non é un ser humano senón un ser vivo" (Bibi dixit).
España non pode seguir parada ante esta vergonza, ante estes gobernantes. Debemos responder a isto e dicir que non queremos máis PSOE, que estamos cansos destes ricos socialistas aos que só lles importa o poder para poder viaxar en avións do Estado a mitíns do seu partido.
O domingo temos unha grande oportunidade para demostrarlle a ZP e aos seus adláteres que estamos aburridos deles.
Sabemos que as Eleccións do domingo son europeas pero... sen dúbida influirán tamén en España. Influirán no noso país por dúas razóns fundamentais: porque en Europa se deciden máis da metade das leis que logo ordenan a nosa vida e, ademáis, porque para o PSOE serán unha forte mostra do que España pensa: se eles gañan ou perden por pouco seguirán a facer de nós un pandeiro, mexarán por nós e quererán que digamos que chove.
O domingo hai que ir a votar e hai que votar sen medo e coa esperanza de saber que todavía hai futuro, que hai posibilidades de sair desta, que non todo está perdido; o domingo hai que ir a votar ao Partido Popular porque a ZP... xa lle dimos moitas posibilidades e... xa se ve o que está a facer.


No hay comentarios:
Publicar un comentario