sábado, 21 de febrero de 2009

Encontro en Silleda

Onte, venres, pola noite, tivemos un encontro de Novas Xeracións do Deza e Tabeirós.
Xuntamonos no Hotel Katiuska uns 400 mozos e mozas (dos cales, uns 130 eramos de Lalín) vidos dende todos os concellos destas dúas comarcas.
Todo comezou sobre as 21:00. Ana Belén Seco (Pta. de NN.XX. de Silleda), Javi Dorado (Pte. Provincial de NN.XX.), María Seoane (Pta. de NN.XX. de Galicia), Telmo Martín (portavoz do PP no Concello de Pontevedra), Román Rodríguez (Candidato ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra) e Xosé Crespo (Secretario de Organización do PPdeG e Alcalde de Lalín), dirixíronse a nós para pedirnos que puxeramos todo o que estea da nosa parte para conseguir que o vindeiro día 1 de Marzo aconteza o mellor para Galicia: a victoria de Alberto Núñez Feijoó.
Despois compartimos uns pinchos e, por suposto, o baile.

No hay comentarios: