
Esta tarde, o PPdeG celebrou un Mitin en Lalín. O lugar escollido foi o Auditorio Municipal. Foi necesario poñer cadeiras supletorias e, aínda así, moita xente veuse obrigada a quedar de pé.
Todo comezou ás 18.00 aínda cando o Auditorio estaba a rebosar xa media hora antes.
Os primeiros en falar foron Crespo e Román Rodríguez. Elixiron un formato curioso: falaron os dous nunha especie de diálogo co público. Crespo presentou a Román coma "un home serio e traballador que o dará todo por defender os intereses de Lalín e do Deza no Parlamento de Galicia". O Alcalde puxo a nota de humor a afirmar que a famosa estatua do porco de Lalín era coñecida no pobo coma o "Porco de Garzón" e, incluso, dixo, coma "Porco do Alcalde".
Logo de Crespo e de Román falou María Dolores de Cospedal, a Secretaria Xeral do PP. A súa agradable voz encandilounos a todos os presentes. Cospedal pediu o voto para o PP para acabar "de una vez por todas, con los mentirosos del PSOE y del BNG". A estes dous partidos pediulles que fosen sinceiros cos galegos e cas galegas e que nos dixesen, dunha vez por todas, "quién es su candidato a la Presidencia de la Xunta y cuál es su programa".Finalmente Cospedal, nun galego perfecto, defendeu a liberdade de cada un afirmando que "eiquí falamos galego, eiquí falamos castelán porque eiquí falamos con liberdade".
Logo da Secretaria Xeral tocoulle o turno ao candidato á Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Era o momento das promesas, promesas que "se han de cumprir a partir do1 de Marzo". Por suposto, de entre todas, a máis sonada: "o prezo da autopista Lalín-Santiago rebaixarémolo nun 50%".
Logo dunha hora, chegaba o momento de rematar: globos azuis, saúdos e fortes aplausos.
Cospedal e Feijóo, a pesares da apretada axenda que hoxe tiñan (Lalín, Cruces, Santiago e Silleda), fixeron un pequeno esforzo para falar e saudar a moitos dos presentes.
Só queda unha semana, sete días, para que chegue o momento de devolver a Galicia ao lugar do que nunca tivo que saír; unha semana para que todos os galegos e galegas se acerquen ás furnas a poñer toda a súa confianza en Alberto Núñez Feijóo; unha semana para que haxa un novo presidente da Xunta de Galicia.


No hay comentarios:
Publicar un comentario