miércoles, 24 de febrero de 2010

A biblioteca de Lalín na final dun concurso para fomentar a lectura.



Logo de ter gañado o premio María Moliner de animación á lectura, a biblioteca Varela Jácome de Lalín figura como finalista do concurso para animar a ler convocado pola editorial Everest.

Este recoñecemento súmase a outros xa recividos por unha entidade dinámica e emprendedora, sempre ó dispor dos veciños de Lalín e preocupada pola mellora da formación dos máis novos.

Esta boa nova, sen dúbida, motivará a dar continuaidade á mellora dunhas instalacións e un servizo que xa se atopan á cabeza entre os concellos da categoría de Lalín.

No hay comentarios: