viernes, 16 de octubre de 2009

Día Internacional da Alimentación: Unha data para reflexionar


Hoxe celébrase o Día Mundial da Alimentación. Tristemente, unha de cada seis persoas coas que compartimos a Terra pasa fame. Son un total de 1.020.000.000 as persoas desnutridas, 100.000.000 máis que no ano 2008 segundo os datos do último informe da FAO.


Este mesmo informe amosa que os máis pobres diminúen as súas comidas e inxiren alimentos menos nutritivos, ademáis de recortar os seus gastos en sanidade e educación.
A crise económica agrava a crise alimentaria que padecen de maneira máis ou menos crónica os países menos desenvolvidos; a entrada nun entorno económico de caracter global dos países en vías de desenvolvemento fai que a crise que estamos padecendo lles afecte tamén a eles, ocasionando desequilibrios nos prezos dos alimentos e dificultando o acceso a artigos de primeira necesidade.
Non podemos consentir de ningunha maneira que as dificultades económicas de occidente provoquen mái fame e miseria entre os que menos teñen, entre os esquecidos entre a marea de indicadores macroeconómicos e análises a curto prazo.
É indecente que unha sexta parte da humanidade pase fame

No hay comentarios: